Prohibida a manifestación en Melide o día 29 de abril
- Detalles
- Publicado o Venres, 27 Abril 2012 20:38
- Visitas: 447
Temos que informarvos de que a Delegación do Goberno denegou o permiso para a manifestación organizada pola Plataforma Contra as Fumigacións, da que fai parte Verdegaia. Esta manifestación estaba prevista para o domingo 29 de abril. ![]()
A causa da denegación do permiso, anúlase a manifestación, pero a Plataforma Contra as Fumigacións convida a todas as persoas a participar na Foliada de Melide que se celebrará tamén o día 29 de abril.
Non temos manifestación... pero imos de festa contra as fumigacións!
Plataforma contra as fumigacións
- Detalles
- Publicado o Martes, 24 Abril 2012 08:29
- Visitas: 442
A patronal pasteira (ASPAPEL: Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón) coa colaboración das transnacional química (BASF) e a connivencia da Xunta (Secretaría xeral do Medio rural e Montes), están a promover unha campaña de fumigación masiva en Galicia dos montes de eucaliptos co fitosanitario Cascade™, para o control da praga do Goniptero. Transmítese dende as autoridades galegas e empresas involucradas, que o Cascade™ é un produto seguro para o medio ambiente, para as persoas, para as abellas…
Pero cal é a realidade? A realidade é a seguinte:![]()
- O uso do flufenoxurón (principio activo do Cascade™) na Unión Europea foi prohibido.
- Existen traballos científicos que relatan episodios de toxicidade en humanos debido ó Cascade™.
- A Comisión Europea prohibe o uso de Cascade™, en base ás conclusións da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria.
Verdegaia rexeita as batidas de supostos lobos híbridos na comarca da Barbanza
- Detalles
- Publicado o Luns, 23 Abril 2012 21:00
- Visitas: 308
Verdegaia apoia o escrito do colectivo Matar por Matar Non a respecto da solicitude de paralización de autorizacións de batidas de lobos híbridos na comarca do Barbanza.
Estas batidas son especialmente graves por varios motivos: hai outras alternativas
menos crueis, non se están supervisando as batidas, estanse matando lobos, híbricos e cans; vanse facer os trampeos en época de cría, están aparecendo animais mortos con lazos ilegais…
A continuación pegamos o texto que se apoia:







