Certificando a morte dun rÃo entre xogos de luces
- Detalles
- Publicado o Luns, 07 Agosto 2006 10:50
- Visitas: 12879
O rÃo Xallas é o rÃo que sofre maior explotación hidroeléctrica de toda a Confederación Galicia-Costa, con catro centrais que suman 139 MW e dous encoros, o de Fervenza e o de Santa UxÃa. A construción deste último supuxo a eliminación da Fervenza do Ézaro. Actualmente, están en trámite de resolución as alegacións presentadas (entre elas as de Verdegaia) contra os proxectos de construción de 3 novas centrais hidroeléctricas neste rÃo, solicitados por Ferroatlántica, sobre as que a ConsellerÃa de Medio Ambiente xa declarou (sen ter rematado o prazo de alegacións) que practicamente non existe rasquizo legal para prohibir a súa execución aÃnda recoñecendo a súa non idoneidade para unha bacÃa sobreexplotada.
AsÃ, atopámonos cunha situación aberrante na que:
Unha empresa, Ferroatlántica, con sede en Madrid, convértese de feito en dona absoluta dun rÃo, patrimonio común de todas e todos, até destruÃlo como tal e convertelo nunha simple canle de auga para producir electricidade, que pagamos todas, incluÃda unha prima por ser renovábel.
1. Esa explotación do rÃo supón, entre outros danos, a eliminación dunha fervenza única en Europa que, alén do seu valor natural, ten unhas unhas claras potencialidades para o desenvolvemento económico da comarca.
2. Tras moitas negociacións, no ano 2000, Ferroatlántica “amabelmente” acepta abrir as comportas para que corra a fervenza de 12:00 a 14:00 durante o mes de agosto. Manuel Fraga acude a “inaugurar” a fervenza converténdose no primeiro mandatario do mundo que inaugura un accidente xeográfico.
3. Este ano, o alcalde de DumbrÃa negociou para que esta apertura sexa ás once da noite, para fornecer un espectáculo de luces e auga, que tamén se inaugura o pasado sábado. Segundo mandatario en inaugurar o mesmo accidente xeográfico.
5. A Deputación de A Coruña, non Ferroatlántica, é a encargada de pagar os focos e unha pasarela para que “o turismo” poida ver mellor o espectáculo (70.000 euros) a través do Plano de Dinamización da Costa da Morte. O Presidente da Diputación (terceiro mandatario en inaugurar o mesmo accidente xeográfico) calificou o evento como un “referente turÃstico galego”.
Verdegaia fica estupefacta ante tal cúmulo de irresponsabilidades e desprezos polo patrimonio natural e pola cidadanÃa usufructuaria do mesmo, e demanda a adopción urxente das seguintes medidas:
1. Denegar a autorización para a construción das 3 novas centrais proxectadas e o inicio dos trámites para reverter as concesións das que están en funcionamento.
2. Recuperación da fervenza do Xallas co seu caudal axeitado en función da época do ano mentres non se revirtan as concesións hidráulicas.
3. O investimento dos cartos públicos en proxectos que supoñan un verdadeiro desenvolvemento económico para a comarca, sempre baseados en criterios de sustentabilidade.
4. A integración inmediata da sustentabilidade como parámetro principal en todas as actuacións e proxectos das administracións públicas e fornecer a formación suficiente neste campo ás autoridades públicas para evitar cometer actuacións tan aberrantes como as realizadas en torno ao rÃo Xallas.







