Irregularidades na xestión do Parque Illas Atlánticas

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

A representación ecoloxista no Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas condena as presuntas condutas ilegais do Director-Conservador do Parque Nacional Illas Atlánticas.

Segundo “El Diario de Pontevedra”, o Seprona acúsao de consentir varias construcións ilegais nas illas Cíes.

ciesO pasado día 9 de setembro aparecía publicada no xornal “El Diario de Pontevedra” unha nova titulada “Investigan por prevaricación al director del Parque Nacional Illas Atlánticas”. No corpo desa nova detallábase o seguinte:

El Servicio de Protección de la Naturaleza (Seprona) de la Guardia Civil ha abierto una investigación, ya judicializada, que ha colocado en el ojo del huracán a José Antonio Fernández-Bouzas, director-conservador del Parque Nacional Illas Atlánticas. Los agentes, tras una laboriosa investigación, le consideran autor, junto a otras personas, de un delito de prevaricación y otro contra la ordenación del territorio. Entienden que consintió varias construcciones ilegales en parcelas de las islas Cíes, algo completamente prohibido según el reglamento que protege a un bien catalogado como Parque Nacional.”

A nova seguía dicindo:

La Ley de Parques Nacionales, vigente desde el 3 de diciembre de 2014, señala que en ellos "no puede existir suelo urbanizado ni susceptible de transformación urbanística", algo que, según los informes de la Guardia Civil, permitió Fernández-Bouzas en Cíes. El mismo marco legal permite "actuaciones puntuales singulares, con la participación de las comunidades autónomas, mediante la puesta en marcha de programas piloto que persigan una activación económica sostenible", algo que no encaja en absoluto, según el Seprona, en los inmuebles que fueron objeto de investigación.”

E remataba comentando:

En el caso que nos ocupa, este periódico ha podido saber que se han ejecutado obras ilegales en varios puntos de Cíes con la presunta aquiescencia del director-conservador del parque, que, si bien no estaría implicado directamente con los hechos, sí tendría conocimiento de ellos, lo que sería constitutivo de las infracciones penales que se le imputan.”

De ser certo o que publicou o citado xornal estaríamos ante uns feitos de extrema gravidade que de pasaren en calquera outro país avanzado terían obrigatoriamente que implicar o cese inmediato do Director-Conservador do espazo protexido. Por outra banda, este tipo de condutas presuntamente cometidas por Fernández Bouzas non nos sorprenden en absoluto dada a súa traxectoria dende que foi nomeado na década pasada Director-Conservador do Parque Nacional. Cómpre lembrar varias actuacións no arquipélago de Cíes, como o proxecto de construción dunha pasarela polo medio do cordón dunar de Punta Muxieiro que foi denunciado no xulgado de instrución número 1 de Vigo e ante diferentes administracións e posteriormente paralizado polo Seprona no ano 2009. Ou as presuntas actuacións ilegais levadas a cabo en 2010 na illa Sur, nas que se empregaron pedras do antigo mosteiro medieval e salgadoiro para canalizar un rego carecendo de autorización do Parque Nacional, da Consellaría de Medio Ambiente, e realizándose sen licenza municipal. No mesmo senso vai a actuación denunciada en 2011, cando o propio Parque Nacional levantou unha nave de 325 m2 coa finalidade de facer de garaxe de vehículos e albergar xeradores. Estas obras están situadas en solo rústico de protección de costas, solo rústico de protección de espazos naturais e nun espazo con xacementos arqueolóxicos singulares, e non contaron con licenza municipal nin coas autorizacións autonómicas preceptivas.

E ademais, todo isto encaixa moi ben coa non aprobación do Plano Reitor de Uso e Xestión do espazo protexido, que segundo aDisposición Adicional Segunda da Lei 15/2002 de 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que di:

No prazo dun ano elaborarase o plano reitor de uso e xestión (PRUX) do Parque Nacional”.

En consonancia con esa Disposición, o PRUX tiña que ter sido aprobado o día 3 de xullo de 2003. Pero, malia as insistentes peticións dos últimos anos do ecoloxismo galego, nin a Dirección do Parque Nacional nin a Consellaría chegaron a aprobar este valioso documento.

Powered by Bullraider.com