Segunda Brigada Deseucaliptizadora: Lentille (O Ribeiro)

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

DSC 0020.NEFO vindeiro sábado, día 26, botámonos de novo ao monte, esta vez en Lentille, no concello de Cenlle (O Ribeiro).

O obxectivo desta segunda Brigada é a erradicación de acacias, unha especie exótica invasora que supón un serio problema ambiental polo seu rápido crecemento, por competir coas especies autóctonas e pola acidificación do solo que trae consigo.
Os numerosos lumes que asolaron Galiza durante o verán pasado favoreceron a proliferación das acacias, converténdose nun grave problema para as zonas afectadas, como é o caso de Lentille.


Nesta ocasión, a nosa intervención consistirá en eliminar os pés de acacia mantendo as árbores autóctonas que conseguiron sobrevivir, coa idea de introducir no vindeiro inverno froiteiras bravas. En Galiza temos varias especies de acacias naturalizadas, catro delas con comportamento invasor. A acacia que imos quitar en Lentille é a Acacia dealbata (comunmente coñecida como mimosa).
Recordamos que, ademais de inscribirse como Brigadista, é preciso anotarse a cada Brigada concreta. Nesta ocasión, foron algo máis de 20 persoas as que se apuntaron como voluntarias para a realización dos traballos, que se levarán a cabo entre as 10 da mañá e as 2 da tarde, hora na que se ofrecerá un xantar ás persoas participantes.
A xornada completarase cunha foliada, un pequeno obradoiro práctico sobre o combate contra a velutina e un paseo pola zona, no que poderemos disfrutar das vistas do val do Avia.
Desde a organización ofreceremos luvas e ferramentas para todo o mundo, recomendando traer roupa e calzado apropiado para o traballo no monte, e un chuvasqueiro se así o recomenda o tempo previsto.
Verdegaia agradece unha vez máis a xenerosidade de tódalas persoas que ofrecen o seu tempo e o seu esforzo para contribuír a esta iniciativa.



Máis información:
Web das Brigadas: http://verdegaia.org/brigadas/
Vídeo sobre as Brigadas: https://www.youtube.com/watch?v=3BxCq8GIjaI&feature=youtu.be
Imaxes da primeira brigada: https://photos.app.goo.gl/5EM9SA9HFA4diYns1

Powered by Bullraider.com