Verdegaia mostra un rotundo desacordo coa aprobación da reforma da lei de costas

Praias de Galicia - A Coruña - por Pilar Ponte en FlickrDesde a Asociación Ecoloxista Verdegaia mostramos o noso máis rotundo desacordo coa aprobación da reforma da lei de costas. A denominada “lei de protección e uso sostible do litoral...” o único que busca é a demolición dos obxectivos e principios xurídicos da lei de costas de 1988. Entende a costa como un recurso económico a explotar coa perspectiva de favorecer intereses particulares concretos privatizadores do litoral, convertendo a costa nun todo urbanizable. Racha co principio de que o litoral é un ben de todos cuxa titularidade pública recollía a anterior lei e tamén a Constitución Española que di que “son bens do dominio público os que determine a lei e, en todo caso, a zona marítimo terrestre, as praias, o mar territorial,..” Esta reforma da lei de costas choca de fronte contra as directivas europeas que entenden a costa como un valor natural en si mesmo, nesta reforma non se recolle nin se presentan temas como a recuperación, restauración ou protección.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Contra o exterminio de cabalos en réxime de liberdade

cabaloVerdegaia quere denunciar publicamente a captura indiscriminada de cabalos que se está a realizar nos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz e Fornelos de Montes, por parte de comunidades de montes, concellos e da propia Xunta de Galiza. Estas batidas, que afectan tamén ao gando vacún en extensivo, ameazan con estenderse ademais a outros concellos do noso país. Os cabalos apresados pertencen á raza autóctona galega, rexistrada de maneira oficial como Cabalo de Pura Raza Galega - PRG. Habitan entre outros espazos na serra do Suído, Coto de Eiras e monte Saramagoso, en réxime de liberdade e cun coidado mínimo por parte humana. O destino final destes cabalos será previsibelmente o sacrificio, mentres as vacas capturadas serán incineradas sen excepción. Como noutros conflitos que se veñen producindo no noso país entre a fauna salvaxe e as actividades humanas, a Xunta optou por unha solución salomónica, decidindo o exterminio dos animais como única solución.

Engadir comentario (0)

Ler máis...

Día da abella o 3 de marzo

Dia Da Abella: O 3 de marzo celebraremos en Arzúa a vitoria das abellas sobre o praguicida «Cascade»

A Plataforma contra as fumigacións e por un futuro sen praguicidas, da que Verdegaia fai parte, ten o pracer de convidarvos a unha xornada festivo-reivindicativa cadrando coa Festa do Queixo do día 3 de marzo en Arzúa.o dia da abella
Celebraremos que as abellas galegas se libraron do praguicida tóxico Cascade (flufenoxurón) grazas ao apoio de cen mil persoas concienciadas e o labor da nosa Plataforma. Pero como aínda quedan outros velenos que ameazan as as abellas e os nosos ecosistemas, temos que continuar a loita na súa defensa. na nosa defensa! E este acto servirá tamén para consolidar a Plataforma, coñecer a moitas das persoas que apoiastes a loita contra o flufenoxurón a través de Internet e analizar as outras loitas aínda precisas.

Lugar: Centro do Queixo e do mel. Feira Nova (Arzúa)

Engadir comentario (0)

Ler máis...