70 anos da Nakba

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo
Hoxe é o día da Nakba, no que se recordan xa os 70 anos de expulsión de boa parte do pobo palestino das súas casas e terras en 1948. Máis de 700.000 persoas entón. Uns cinco millóns de persoas palestinas refuxiadas a día de hoxe. Gaza como o maior campo de concentración do mundo no que a miseria, a falta de alimentos e recursos básicos, de tipo médico ou mesmo cemento para reconstruír as casas, están perfectamente controlados polo goberno de Israel nun plan de exterminio lento da poboación. Xerusalén como unha capital tomada pola forza e contra calquera acordo internacional, onte escenario do lamentábel espectáculo da apertura da embaixada estadounidense, mentres os francotiradores israelitas asasinaban a máis de 50 palestinos que participaba dunha manifestación pacífica. Este é o Estado que visitou recentemente Feijoo para facer negocio e vender a Lei de Depredación. Pedimos o boicot para toda empresa galega que ampare cos seus negocios este xenocidio. Esiximos unha explicación por parte do Goberno galego ante esta situación e unha declaración pública de condena dos asasinatos de civís palestinos, moitos deles menores de idade. Apoiamos a campaña que está a levar a BDS Galiza e que podes consultar aquí: https://www.facebook.com/BDSGaliza/
Powered by Bullraider.com