ROTEIRO MEDIOAMBIENTAL: Areais de Fontaíña-Baluarte, Xunqueira do Lagares e Cabo de Mar

Partillar no Chuza!Partillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no TuentiPartillar no Digg it!Partillar no DoMelhorPartillar no Cabozo

g vigoenfotos 7822As asociacións Fontaíña e Verdegaia organizan un roteiro medioambiental pola costa de Vigo,  o vindeiro sábado 14 de abril pola mañán.

O percorrido iniciarase na Capela do Vao (Coruxo) ás 10:00 e percorrerá as praias do Vao, Baluarte e Fontaíña, para logo visitar a Xunqueira do Lagares e, despois de atravesar o areal de Samil, rematar en Cabo de Mar (Alcabre) aproximadamente ás 13:00h. Os participantes que o desexen regresarán ó punto de partida (O Vao) en autobús.

Neste roteiro preténdese achegar ó público asistente ata os ecosistemas litorais da ría de Vigo, os seus valores naturais, evolución na historia de Vigo, problémática de conservación e as medidas de recuperación e conservación levadas a cabo pola sociedade, con especial referencia ó voluntariado dos grupos ecoloxistas.

Trátase dunha actividade dirixida ó público en xeral, sen necesidade de coñecementos específicos sobre a materia. Ó longo da visita poderán, da man de Eduardo González (profesor de ensino secundario de Bioloxía e Xeoloxía), observar as aves da costa, diferenciar as plantas das dunas ou recoñecer os vermes que viven na beiramar, buscar a orixe dos elementos que atopamos na area e tamén coñecer parte do noso patrimonio cultural como as gamelas coruxeiras ou as saiñas da foz do Lagares, e todo elo acompañado de pequenas historias e anécdotas que se viviron nestes lugares. Ó remate da actividade todos os participantes recibiran un pequeno agasallo relacionado cos espazos visitados.

O número de prazas (25) é limitado polo que se recomenda non deixar a inscrición para última hora.

As inscricións deberán realizarse mediante o envío dun correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou chamando por telefone ao número 685272751 (a partir das 18:00h), indicando nome e teléfono dos participantes; os menores de idade deberán ir acompañados por un adulto.

Ao remate do roteiro voltaremos en transporte público ao ponto de partida (capela do Bao), o transporte será de balde.

Powered by Bullraider.com