Verdegaia - Foro de traballo - Política de privacidade

Este documento explica polo miúdo como "Verdegaia - Foro de traballo" e mais os seus agregados (de agora en diante "nós", "noso", "nos", "Verdegaia - Foro de traballo", "http://www.verdegaia.org/foro") e phpBB (de agora en diante "eles", "deles", "lles", "phpBB software", "www.phpBB.com", "phpBB Group", "phpBBTeams") usarán calquera información recollida durante a sesión de uso aberta por ti (de agora en diante "a tua información").

A tua información é recollida de dous xeitos. En primeiro lugar, ao navegar en “Verdegaia - Foro de traballo” o software de phpBB creará certo número de cookies, que son pequenos ficheiros de texto que o navegador baixa aos directorios temporais. As dúas primeiras cookies só conteñen un identificador de usuario (de agora en diante “user-id”) e un identificador anónimo de sesión (de agora en diante “session-id”), asignados automaticamente polo software de phpBB. Unha terceira cookie crearase unha vez teñas visitado temas en “Verdegaia - Foro de traballo” e é usada para almacenar que temas che interesan, a fin de mellorar a tua experiencia como usuario.

Pode que tamén se xeren cookies externas ao software phpBB durante a proceso de navegación en “Verdegaia - Foro de traballo”, aínda que iso está fóra do obxectivo deste documento só tenta cubrir as páxinas creadas polo software de phpBB. A segunda forma en que recollemos a tua información é pola que ti mesmo nos achegas. Esta pode ser, e non unicamente: publicando mensaxes como usuario anónimo (de agora en diante “mensaxes anónimas”), rexistrándote en “Verdegaia - Foro de traballo” (de agora en diante “a tua conta”) e nas tuas mensaxes publicadas despois do rexistro ao iniciar sesión (de agora en diante “as túas mensaxes”).

A túa conta deberá conter como mínimo un nome identificábel de xeito único e inequívoco (de agora en diante “o teu nome de usuario”), un contrasinal persoal usado para iniciar sesión (de agora en diante “o contrasinal”) e un enderezo de correo-e válido e persoal (de agora en diante “o teu correo-e”). A información da tua conta en “Verdegaia - Foro de traballo” está protexida polas leis de protección de datos aplicábeis no país onde se atopa o noso servidor. Poderemos decidir da obrigatoriedade ou non de achegar calquera dato adicional alén do nome de usuario, contrasinal e correo electrónico a discreción de “Verdegaia - Foro de traballo” durante o proceso de rexistro. De calquera xeito, tes a opción de decidir que información da tua conta é pública. Alén diso, na tua conta tes a opción de aceptar ou rexeitar os correos-e xerados automaticamente dende o software do phpBB.

O teu contrasinal está cifrado (cun hash dunha soa dirección) polo que é seguro dabondo. Des todos os xeitos, é recomendábel que non uses o mesmo contrasinal en diferentes sitios web. O teu contrasinal é o medio de acceso á tua conta en “Verdegaia - Foro de traballo”, polo que debes gardalo coidadosamente e baixo ningunha circunstancia ninguén relacionado con “Verdegaia - Foro de traballo”, co phpBB ou terceira parte, poderache preguntar lexitimamente polo teu contrasinal. Se esqueces o contrasinal para a conta, podes usar a ferramenta “esquecín o meu contrasinal” provista no software de phpBB. Este proceso preguntarache polo nome de usuario e correo electrónico; despois, o software de phpBB xerará un novo contrasinal para recuperar a conta.