Cos Pés na Terra é unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre medio ambiente e sustentabilidade, cuxos públicos obxectivo principais son activistas do movemento ecoloxista e doutros movementos sociais, estudantes e profesionais de áreas relacionadas cos temas da revista, xornalistas, técnicos/as de Administracións ou de empresas e cargos políticos.
NÚMERO 5 (SEGUNDO SEMESTRE 2008)
New articles...
Editorial
Enerxías renovábeis e territorio
Nun contexto de crise ecolóxica
global cada vez máis grave, o despregue das enerxías renovábeis precisa de
políticas que minimicen o seu impacto territorial e aposten a fondo pola
sustentabilidade ecolóxica e a equidade. Mais tamén de apoios sociais
consistentes.
... Read More >>
Pedro Brufao é
presidente de AEMS-Ríos con Vida e catedrático EU interino de
Dereito Administrativo na Universidade de Estremadura. Activo
defensor dos ríos, formou parte da comisión promotora da Iniciativa
Lexislativa Popular (ILP) en defensa dos ríos galegos e da
coordenación da campaña "Sobran presas.Faltan ríos vivos".
Unha entrevista por Xosé Veiras.
O canon hidroeléctrico O canon
hidroeléctrico, un imposto "sobre o dano medioambiental causado por
determinados usos e aproveitamentos da auga encorada", comezará a aplicarse no
2009. Un imposto autonómico verde con moitas luces e algunhas sombras que analisa
neste artigo María Xosé Vázquez, profesora de Economía Ambiental da
Universidade de Vigo.
... Read More >>
A crecente demanda cidadá dunha
alimentación sá e o recente Plano de Desenvolvemento da Agricultura
Ecolóxica (PDAE) da Xunta debuxan un panorama esperanzador para a
agricultura ecolóxica no noso país. En Maio de 2008
celebrouse en Monforte o II Congreso de Agroecoloxía e Agricultura
ecolóxica en Galiza. Dous dos
organizadores, Xavier Simón e Damián Copena, ofrécennos unha completa crónica.
Seis anos despois do Prestige: primeiros froitos na Reserva Pesqueira de Lira A Reserva Pesqueira de Os Miñarzos,
en Lira (Carnota), está colleitando os seus primeiros resultados. O grave
problema do furtivismo practicamente desapareceu e a riqueza biolóxica e
pesqueira da zona, que conta con case medio milleiro de especies, ofrece os
primeiros signosde recuperación. Un
artigo de Raúl García, responsable de pesca de WWF/Adena.
... Read More >>
Máis
de seis anos despois do naufraxio do petroleiro Prestige fronte ás
costas galegas aínda non se estableceu ningunha responsabilidade
civil nin penal dos danos ecolóxicos e sociais causados. A estrutura
das grandes empresas dificulta moito que se lles imputen
responsabilidades, o que fai que actúen cunha grande impunidade.
Un artigo de Begoña
Carrera e Tom Kucharz, membros de Ecologistas en Acción e Verdegaia.
A
conserveira Calvo está presente no Salvador desde 2003. As súas
operacións no país centroamericano causan prexuízos ambientais e
desprezan os dereitos laborais. Un exemplo de irresponsabilidade
social e ambiental dunha transnacional galega nun país empobrecido
ao que se aproxima este artigo de Cilia Hernández,
de Ecologistas en Acción.
Un desafío que non pode esperar máis Temos uns dez anos para comezar a reducir as emisións mundiais de Gases
de Efecto Invernadoiro (GEI) se queremos ter algunha posibilidade de evitar
unha mudanza climática moi perigosa. Mentres desde moitos ámbitos se defenden
solucións ilusorias, as emisións non deixan de medrar, tamén en moitos países
desenvolvidos. Un artigo de Xosé Veiras, membro de Verdegaia e de Ecologistas en
Acción.
En Occidente hoy sobre todo se enferma y se muere por las
"enfermedades del desarrollo". La contaminación del aire es una
de las principales causas de esta situación. Un problema que también
se deja sentir en Galicia. Un artículo de Javier
González y Mario
Fernández, de la Federación de
Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública.
Manuel Sacristán Luzón: o camiño do marxismo ao ecoloxismo O filósofo e político Manuel Sacristán Luzón, considerado por algúns o pensador español máis destacado do século XX (logo de Ortega y Gasset),
tivo unha importancia decisiva para a articulación teórica do ecoloxismo no
Estado español. Un artigo de Alexandre Cendón,
licenciado en Filosofía e coordenador da Federación Ecoloxista Galega.
... Read More >>
Hai algún tempo falabamos nesta revista sobre os
movimentos ambientais en xeral e o ecoloxismo (social) en particular. Non
tratamos daquela o ecopacifismo... Existe? Se si, en que consiste? . É estar contra as guerras
pola destrución ambiental que implican? É talvez defender o ambiente por meios
nonviolentos?. Un artigo de Xosé María GarcíaVillaverde, secretario xeral de Verdegaia.
Citas
dunha entrevista con Pedro Prieto, vicepresidente do comité
organizador da conferencia de ASPO en Barcelona, do recentemente
falecido Antonio Estevan, e de Christoph Balls, da ONG Germanwatch.
Calor.Como impedir o planeta de arder Calor. Como impedir o planeta de arder é un libro de George Monbiot, escritor e académico -coñecido sobre todo como columnista ecoloxista do xornal inglés The Guardian - que trata das alteracións climáticas e de como reducirmos as emisións que as inducen. Unha reseña de Xosé Veiras.
... Read More >>