Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 

Cos Pés na Terra é unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre medio ambiente e sustentabilidade, cuxos públicos obxectivo principais son activistas do movemento ecoloxista e doutros movementos sociais, estudantes e profesionais de áreas relacionadas cos temas da revista, xornalistas, técnicos/as de Administracións ou de empresas e cargos políticos.

Nº 2 (PRIMEIRO SEMESTRE 2007)
Editorial
Mudar o mundo para que non mude o clima
É cada vez máis evidente que o cambio climático  xa comezou e que, se non o mitigamos, reducindo a niveis moi inferiores aos actuais as emisións de gases de efecto invernadoiro que o inducen, as consecuencias serán desastrosas. O problema é de tal dimensión e trascendencia que xa podemos considerar fracasadas as tentativas de o negar ou menosprezar, alentadas por algúns gobernos e transnacionais e executadas por científicos "de prestixio" e  medios de comunicación "serios". Seguirá a haber abundante  financiamento e potentes altofalantes para quen queiran agochar outras "verdades incómodas", mais non para banalizar a ameaza do cambio climático.
Read More >>

Entrevista con Roxelio P. Moreira
“A mobilización ecoloxista contra os vertidos radiactivos contou cun grande apoio social"

Roxelio P. Moreira, profesor do Departamento de Edafoloxía da Universidade de Santiago e autor de diversos  libros de temática ambiental, como "Ecoloxía forestal e ordenación do bosque" e "Diversidade natural de Galicia", foi un dos principais protagonistas das loitas ecoloxistas dos anos 80 no noso país. Primeiro coordenador da Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galicia -que hoxe ten continuidade a través da Federación Ecoloxista Galega (FEG)-, Roxelio P. Moreira é unha testemuña imprescindible para coñecermos unha parte da historia do ecoloxismo galego.

Unha entrevista por Xosé Veiras.


Read More >>

Debate
O movemento ecoloxista galego hoxe (I)
Convidamos a Xacobe Meléndrez Fassbender, Xesús Pereiras López e Joaquín Rodríguez Pomares, tres persoas que no pasado máis ou menos próximo militaron de xeito intenso e destacado en asociacións ecoloxistas galegas, a nos daren a súa visión sobre as debilidades e fortalezas do asociacionismo ecoloxista galego e mais sobre os principais desafíos que enfronta. É a primeira entrega dun debate que queremos estender en próximos números.
Read More >>

Pensamento ecoloxista
Ecoloxismo social? E iso que é?

neno_toxicosSe saisemos á rúa e comezasemos a preguntar sobre qué é o ecoloxismo, de seguro nos atoparíamos cun grande descoñecimento e unha colección de tópicos. Se o obxecto do noso inquérito fose o ecoloxismo social descubririamos que nen é coñecido. O movimento ambiental é amplo e plural, mais isto sábese desde dentro, e muitas veces nen iso, ficando a diferenciación e clasificación reducida, con sorte, ao ámbito académico.

Un artigo de Xosé María García Villaverde, secretario xeral de Verdegaia.


Read More >>

O outro lado da revolución eólica
Enerxía eólica en Galicia: conflito ambiental e social

parque_elico_1A enerxía eólica é un dos elementos necesarios para construír un modelo enerxético sustentábel. Porén, a forma en que se desenvolveu até hoxe en Galicia  foi socialmente inxusta e contribuiu á deterioración dalgúns espazos de alto valor ecolóxico. A implantación de parques eólicos na nosa terra deu lugar a un conflito ambiental e social que se podería ter evitado.

Un artigo de Xavier Simón Fernández, profesor da Faculdade de Economía da Universidade de Vigo.


Read More >>

Un análisis crítico
Biocombustibles y uso energético de la biomasa

biomasa_forestalMuchos análisis científicos y pensadores ecologistas ponen en cuestión los supuestos más comunes sobre el uso de la biomasa como fuente de energía, por lo que parece razonable un análisis detallado de sus ventajas e inconvenientes. El autor hace un repaso de varios de estos estudios para rebatir los hipotéticos beneficios de esta energía, al tiempo que apuesta por un uso de la biomasa y de los residuos orgánicos que permita cerrar los ciclos de materiales, devolviendo a la tierra la materia orgánica que se le extrajo, para aumentar su fertilidad y reducir la erosión de los suelos.

Un artículo de Óscar Carpintero, miembro de Ecologistas en Acción y Profesor de Economía en la Universidad de Valladolid.

...

Read More >>

O ferrocarril en Galicia
Vertebrando o territorio ou favorecendo a estrada?

estacion_santiagoO transporte, unha das facianas principais do consumo enerxético, é unha das causas fundamentais da actual crise ecolóxica. A súa integración na nosa vida cotiá fai que esquezamos ou descoñezamos os profundos efectos destrutivos locais e globais que provoca nas súas actuais dimensións e características. As súas consecuencias non son só ambientais (cambio climático, contaminación) senón tamén sociais (accidentes, exclusión social, illamento, expropiacións, despoboamento) e mesmo culturais. A modernización do ferrocarril convencional é esencial para crear un sistema de transporte sustentable.

Un artigo de Xan Duro Fernández, coordenador xeral de Verdegaia.

...

Read More >>

Propuesta de WWF/Adena
La necesidad de crear áreas marinas protegidas

El mar recibe un trato muy diferente al que se ha venido dando a la superficie terrestre en términos de conservación. Después de tres años de trabajo, WWF/Adena ha presentado una propuesta de los 20 paraísos submarinos a los que se les debe otorgar protección efectiva inmediata. Tres de ellos se sitúan en Galicia: Banco de Galicia, Ría de Arousa y Costa da Morte.

Un artículo de Raúl García, responsable de pesca de WWF/Adena.


Read More >>

A situación do comercio xusto no noso país
Un comercio xusto galego

05_productos-01Cando falamos de comercio xusto non estamos a falar simplemente dun proxecto de solidariedade, máis ou menos afortunado na súa eficacia, que adquire maior repercusión social en épocas de consumo bulímico, fundamentalmente no Nadal. Estamos a falar dun movemento solidario e económico amplo que busca non só reducir a miseria dos países empobrecidos por medio da axuda, senón analizar en profundidade as causas estruturais desta pobreza e, máis aló, asentar unha alternativa económica estable e viable ao actual marco económico de "libre mercado" que, no fondo, se configura como un mercado oligopólico controlado por grandes distribuidoras de comercialización, ligadas a sectores financeiros importantes.

Un artigo de Xoán Hermida, director da ONGD Amarante.

...

Read More >>

Café biológico e de comércio justo em Brasil
Da loucura dum pioneiro ao sucesso local e reconhecimento internacional

Após observar a morte de pássaros e gado, assim como a intoxicação dum vizinho, indignado e preocupado com a saúde de seus trabalhadores, Dr. Carlos Franco decidiu converter à agricultura orgânica a fazenda de café herdada de seu pai numa época em que ainda não havia mercado para os cafés orgânicos. O lugar, Machado, não demorou em se transformar num centro de referência em cafeicultura orgânica. A organização local para a produção de café orgânico e de comércio justo melhorou o ambiente em Machado e Poço Fundo (Minas Gerais, Brasil), também a saúde, a economia e a autoestima das pessoas que vivem dele.

Um artigo de Maria Célia Martins de Souza, pesquisadora do Instituto de Economia Agrícola de São Paulo.


Read More >>

Estratexia Galega de Desenvolvemento Sustentable
Cara a unha Galicia sustentable

marbellizacionHoxe  parece haber consenso en que o futuro de Galicia, como o do resto dos países do mundo, pasa pola sustentabilidade. Mais, falamos todos e todas do mesmo cando falamos de sustentabilidade? É todo retórica ou de verdade estamos a iniciar a urxente transición cara a sustentabilidade? Cais son as chaves para construírmos un país sustentable nun mundo sustentable?. É preciso algo máis que cambiarmos algunhas industrias de localización, acabarmos cos incendios e as mareas negras ou protexermos a Rede Natura 2000?.

Un artigo de Xosé Veiras,  coordenador do documento de Verdegaia con propostas para unha Estratexia Galega de Desenvolvemento Sustentable.

...

Read More >>

Reflexión
"A Galicia subsahariana"

Súmense aos desastres naturais os procesos lentos pero imparábeis do cambio climatico, e este cocktail de boas venturas daralle nacemento á Galicia subsahariana, unha Galicia co litoral convertido nun vertedoiro, onde os centolos son devorados vivos por ratos grandes coma coellos, unha Galicia cun monte que é unha imitación de natureza, unha caricatura de biodiversidade. É unha cuestión de tempo.

Un artigo de David Otero.


Read More >>

La amenaza de las armas nucleares
Ultima ratio regis: la proliferacion nuclear

En el siglo XVI, muchos cañones llevaban grabada la frase en latín: "ultima ratio regis", es decir, "la última razón de los reyes". Se daba a entender así que en una discusión sobre temas de interés para los Reinos, Estados o Gobiernos, la última razón que el rey podía poner sobre la mesa era la de los cañones. Las armas nucleares deberían llevar las mismas palabras grabadas. Su existencia hace más inseguro el mundo.

Un artículo de Francisco Castejón, físico nuclear y miembro de Ecologistas en Acción. 


Read More >>

María Mariño e o Courel
Misteriosa María

María Mariño foi a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. A poeta escribiu practicamente toda a súa obra nun dos entornos naturais máis míticos da nosa terra, nese Courel para o que reivindicamos unha protección íntegra. Porén, o Courel está pero non está na súa poesía.

Un artigo de Isabel González Avión.


Read More >>

Lido
Algunhas citas

Nesta sección recollemos algunhas citas que nos parecen salientables. Neste número destacamos citas de Miquel Ortega ("La deuda ecológica española"),  de Xavier Vence ("O fracaso neoliberal na Galiza") e de Jordi Borja (artigo de opinión no xornal El Pais).

 


Read More >>


Reseñas
Ecología y feminismo
Ecoloxismo e feminismo posúen máis puntos en común do que nun primeiro momento puidese parecer. É o que nos amosa o libro "Ecología y feminismo", de María Xosé Agra (compiladora). Unha reseña de Alexandre Cendón.
Read More >>
Raíces económicas del deterioro ecológico y social
En "Raíces económicas del deterioro ecológico y social. Mas allá de los dogmas", o economista José Manuel Naredo aborda as raíces económico-financeiras, normalmente esquecidas, que explican a crise ambiental e a polarización social e territorial. Unha reseña de Xosé Veiras
Read More >>
El fetiche del crecimiento
Neste provocativo libro de Clive Hamilton  ponse en causa o fetiche do crecemento, definido como "un obxecto sen vida venerado polos seus aparentes poderes máxicos". Unha reseña de Xan Duro.
Read More >>
Web de Bakeaz
Bakeaz é un centro de documentación e estudos independente sobre paz e sustentabilidade.
Read More >>
Reseñas breves

Reseñas breves de libros, revistas, webs e filmes. 

 


Read More >>