Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 

Cos Pés na Terra é unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre medio ambiente e sustentabilidade, cuxos públicos obxectivo principais son activistas do movemento ecoloxista e doutros movementos sociais, estudantes e profesionais de áreas relacionadas cos temas da revista, xornalistas, técnicos/as de Administracións ou de empresas e cargos políticos.

NÚMERO 1 (SEGUNDO SEMESTRE 2006)
Compromiso cun país sustentábel
Editorial

Cos Pés na Terra é unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre a sustentabilidade. Un medio plural e independente fondamente comprometido coa procura da sustentabilidade, tanto na Terra dos galegos e galegas como na de todos os pobos da Terra. Un espazo aberto á participación de organizacións e de persoas que queren estimular e enriquecer o debate para facer fronte ao desafío, cada vez máis urxente e necesario, da sustentabilidade.


Read More >>

"Chama a atención o elevada que é a pegada ecolóxica de Galicia"
Entrevista con Federico Martín Palmero
central-termica-de-as-pontesA pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que mide a cantidade de terreo  que necesita unha poboación para producir os bens que consome e para absorber os residuos que produce. Un equipo de investigadores da Universidade da Coruña, dirixido por Federico Martín Palmero, profesor do Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas, calculou a pegada ecolóxica de Galicia, concluíndo que farían falla tres planetas como a Terra se se xeralizase a todos os países. A elevada pegada ecolóxica de Galicia, superior á do conxunto de España, explícase, en boa medida, pola actividade de certas industrias, nomeadamente das centrais térmicas. Mais, por outro lado, "os hábitos de consumo dos galegos non son precisamente un exemplo de sustentabilidade". Unha entrevista por Xosé Veiras García.
Read More >>

Que facer para evitar novas vagas de lumes en Galicia?
Debate

incendios-galiciaEn tan só 11 días da primeira quincena de agosto ardeu nada menos que o  3,8  % do espazo forestal de Galicia. Un episodio moi grave dun desastre repetido ano tras ano. Cos Pés na Terra quixo coñecer a opinión sobre a intensa vaga de lumes de agosto e as propostas para o monte das organizacións de defensa ambiental. Responderon a un cuestionario de Cos Pés na Terra, Celestino Quintela, da Federación Ecoloxista Galega (FEG), Miguel Ángel Soto, de Greenpeace España, Óscar Freire, de Verdegaia,  e Félix Romero, de WWF/Adena. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) tamén foron  convidadas a responder ao noso cuestionario.


Read More >>

O aproveitamento enerxético da biomasa do mato
Prevención de incendios: é posible?
incendio_matoNas últimas décadas ardeu máis superficie de monte desarborado que de plantacións forestais e bosques. A superficie de mato ardida supera á hoxe existente. A retirada sostible do mato para fins enerxéticos preséntase como unha alternativa altamente atraínte, no só pola volta á xestión da superficie desarborada, senón tamén polos múltiples beneficios que pode xerar para a sociedade, a economía e o medio ambiente.Un artigo de Albino Prada Blanco, María Xosé Vázquez Rodríguez e Mario Soliño (Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo).
Read More >>

As emisións de gases de efecto invernadoiro aumentaron o 46%
Galicia incumpre o Protocolo de Quioto
climatesymbol10kGalicia, como parte do Estado español e da Unión Europea (UE), asinou e ratificou o Protocolo de Quioto, o acordo internacional que establece límites ás emisións de gases de efecto invernadoiro dos países enriquecidos. Porén, na práctica, Galicia pasa tanto de Quioto como EEUU ou Australia, os únicos estados desenvolvidos que aínda non ratificaron o Protocolo.  Segundo un dato difundido por CCOO,  as emisións de Galicia aumentaron o 45,9% entre 1990, ano base do Protocolo de Quioto, e 2005. Un artigo de Xosé Veiras García, responsable de enerxía e cambio climático de Verdegaia. 
Read More >>

El impacto socioambiental de Pescanova en Chile
Menú de Navidad, todo el año

foto-cultivosSoy un sibarita. Lo reconozco y ya estoy pensando en el menú de estas fiestas. ¿Qué tal un salmón ahumado como entrante?. Además, ahora está baratísimo. Ayer, para ir calentando motores, en el mercado, compre salmón. "Es Chileno" - me dijo la pescadera. ¿Chileno?.  Un artículo de Ferrán García Moreno, miembro de Veterinarios sin Fronteras y coordinador de la campaña "No te comas el mundo", sobre el impacto socioambiental de Pescachile, del Grupo Pescanova.


Read More >>

La globalización económica promueve la especulación
El Tsunami urbanizador español y mundial

A urbanización salvaxe ameaza a costa
Salvemos Monteferro
A urbanización salvaxe ameaza a nosa costa. Son moitas as promotoras urbanísticas e os políticos que están a traballar para artificializar o noso litoral. Mais tamén hai cidadáns e cidadás con visión de futuro e con conciencia ambiental que se organizan por todo o país para defender a riqueza natural da extensa e diversa costa galega. Un exemplo diso é Salvemos Monteferro, unha organización creada  no concello de Nigrán para defender a península de Monteferro.
Read More >>

España es el principal infractor ambiental de la UE
Desregulación ambiental en Europa

no-puerto-de-granadillaLa Unión Europea está llevando a cabo un proceso de ‘simplificación’ de la legislación ambiental, eufemismo que en realidad encubre un fuerte proceso de desregulación: las normas que han aparecido recientemente no protegen adecuadamente ni el medio ambiente ni nuestra salud. Del mismo modo, cada vez se dificulta más la acción de control de los grupos ecologistas, sobre todo por el debilitamiento planificado del sistema de quejas. Un artículo de Samuel Martín-Sosa Rodríguez, responsable de Internacional de Ecologistas en Acción y miembro de la ejecutiva del European Environmental Bureau, la federación ecologista europea.


Read More >>


Reseñas
Reseña
Reseñas breves

Reseñas breves sobre a revista  "El Ecologista", o especial do boletín Terra sobre a historia da Federación Eecoloxista Galega (1990-2005), o número de Grial dedicado á ecoloxía e a econom&ia...
Read More >>

Reseña
Políticas del bosque. Expertos, políticos y ciudadanos en la polémica del eucalipto en Asturias
Este libro enmárcase nos estudos sobre "ciencia, tecnoloxía e sociedade" (CTS), un ámbito de traballo interdisciplinar que se centra na comprensión dos aspectos sociais da ciencia e a tecnoloxía.
Read More >>
Reseña
No mundo a cada instante (En el mundo a cada rato)
Surgida da iniciativa da produtora Tus Ojos e o Comité Español de UNICEF, passou sem fazer muito ruído polos cinemas "En el mundo a cada rato". Trata-se nom dumha longametrage senom dum conjunto de cinco curtametra...
Read More >>
Reseña
Portugal: o vermelho e o negro. A verdade amarga e a dolorosa realidade dos incêndios florestais
Como a realidade forestal na nosa terra e no norte de Portugal, as zonas da Unión Europea con maior densidade de lumes, é moi similar, ler este libro é interesante tamén para nos achegar á nosa propia realidade...
Read More >>
Reseña
Ecocidio
O autor senta as bases definitorias dun proceso reiterativo que está a se repetir unha vez máis no noso tempo, a era da globalización neoliberal, establecida nunha sociedade de "devoradores de futuro".
Read More >>
Reseña
El ecologismo de los pobres
Joan Martínez Alier, catedrático do Departamento de Economía e Historia Económica da UAB  é o autor deste denso, complexo e interesante livro subtitulado Conflictos ambientales y lenguajes de valoración....
Read More >>

Blog do Consello de Redacción

Elaborado polo Consello de Redaccion de Cos Pes na Terra.  Visítao!