Compromiso cun país sustentábel |
Editorial
Cos Pés na Terra é unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre a sustentabilidade. Un medio plural e independente fondamente comprometido coa procura da sustentabilidade, tanto na Terra dos galegos e galegas como na de todos os pobos da Terra. Un espazo aberto á participación de organizacións e de persoas que queren estimular e enriquecer o debate para facer fronte ao desafío, cada vez máis urxente e necesario, da sustentabilidade.
Read More >> |
| |
|
|
"Chama a atención o elevada que é a pegada ecolóxica de Galicia" |
Entrevista con Federico Martín Palmero
A pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que mide a cantidade de terreo que necesita unha poboación para producir os bens que consome e para absorber os residuos que produce. Un equipo de investigadores da Universidade da Coruña, dirixido por Federico Martín Palmero, profesor do Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas, calculou a pegada ecolóxica de Galicia, concluíndo que farían falla tres planetas como a Terra se se xeralizase a todos os países. A elevada pegada ecolóxica de Galicia, superior á do conxunto de España, explícase, en boa medida, pola actividade de certas industrias, nomeadamente das centrais térmicas. Mais, por outro lado, "os hábitos de consumo dos galegos non son precisamente un exemplo de sustentabilidade". Unha entrevista por Xosé Veiras García.
Read More >> |
| |
|
|
Que facer para evitar novas vagas de lumes en Galicia? |
Debate
En tan só 11 días da primeira quincena de agosto ardeu nada menos que o 3,8 % do espazo forestal de Galicia. Un episodio moi grave dun desastre repetido ano tras ano. Cos Pés na Terra quixo coñecer a opinión sobre a intensa vaga de lumes de agosto e as propostas para o monte das organizacións de defensa ambiental. Responderon a un cuestionario de Cos Pés na Terra, Celestino Quintela, da Federación Ecoloxista Galega (FEG), Miguel Ángel Soto, de Greenpeace España, Óscar Freire, de Verdegaia, e Félix Romero, de WWF/Adena. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) tamén foron convidadas a responder ao noso cuestionario.
Read More >> |
| |
|
|
O aproveitamento enerxético da biomasa do mato |
Prevención de incendios: é posible?
Nas últimas décadas ardeu máis superficie de monte desarborado que de plantacións forestais e bosques. A superficie de mato ardida supera á hoxe existente. A retirada sostible do mato para fins enerxéticos preséntase como unha alternativa altamente atraínte, no só pola volta á xestión da superficie desarborada, senón tamén polos múltiples beneficios que pode xerar para a sociedade, a economía e o medio ambiente.Un artigo de Albino Prada Blanco, María Xosé Vázquez Rodríguez e Mario Soliño (Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo).
Read More >> |
| |
|
|
As emisións de gases de efecto invernadoiro aumentaron o 46% |
Galicia incumpre o Protocolo de Quioto
Galicia, como parte do Estado español e da Unión Europea (UE), asinou e ratificou o Protocolo de Quioto, o acordo internacional que establece límites ás emisións de gases de efecto invernadoiro dos países enriquecidos. Porén, na práctica, Galicia pasa tanto de Quioto como EEUU ou Australia, os únicos estados desenvolvidos que aínda non ratificaron o Protocolo. Segundo un dato difundido por CCOO, as emisións de Galicia aumentaron o 45,9% entre 1990, ano base do Protocolo de Quioto, e 2005. Un artigo de Xosé Veiras García, responsable de enerxía e cambio climático de Verdegaia.
Read More >> |
| |
|
|
El impacto socioambiental de Pescanova en Chile |
Menú de Navidad, todo el año
Soy un sibarita. Lo reconozco y ya estoy pensando en el menú de estas fiestas. ¿Qué tal un salmón ahumado como entrante?. Además, ahora está baratísimo. Ayer, para ir calentando motores, en el mercado, compre salmón. "Es Chileno" - me dijo la pescadera. ¿Chileno?. Un artículo de Ferrán García Moreno, miembro de Veterinarios sin Fronteras y coordinador de la campaña "No te comas el mundo", sobre el impacto socioambiental de Pescachile, del Grupo Pescanova.
Read More >> |
| |
|
|
|
|
A urbanización salvaxe ameaza a costa |
Salvemos Monteferro A urbanización salvaxe ameaza a nosa costa. Son moitas as promotoras urbanísticas e os políticos que están a traballar para artificializar o noso litoral. Mais tamén hai cidadáns e cidadás con visión de futuro e con conciencia ambiental que se organizan por todo o país para defender a riqueza natural da extensa e diversa costa galega. Un exemplo diso é Salvemos Monteferro, unha organización creada no concello de Nigrán para defender a península de Monteferro.
Read More >> |
| |
|
|
España es el principal infractor ambiental de la UE |
Desregulación ambiental en Europa
La Unión Europea está llevando a cabo un proceso de ‘simplificación’ de la legislación ambiental, eufemismo que en realidad encubre un fuerte proceso de desregulación: las normas que han aparecido recientemente no protegen adecuadamente ni el medio ambiente ni nuestra salud. Del mismo modo, cada vez se dificulta más la acción de control de los grupos ecologistas, sobre todo por el debilitamiento planificado del sistema de quejas. Un artículo de Samuel Martín-Sosa Rodríguez, responsable de Internacional de Ecologistas en Acción y miembro de la ejecutiva del European Environmental Bureau, la federación ecologista europea.
Read More >> |
| |
|
|