Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Protección ambiental ao ralentí PDF Imprimir Correo-e
Editorial
Ninguén cun mínimo de sensibilidade ambiental terá saudades dos Gobernos autonómicos do PP. Unha etapa nefasta de "maiorías absolutistas" marcada polo produtivismo máis desbocado. É innegábel que a chegada de PSdG-PSOE e BNG á Xunta supuxo unha mudanza positiva en materia ambiental. Mais, até que punto? De que logros pode gabarse o bipartito logo de tres anos?.  A protección ambiental non só é cousa -ou non debería ser só cousa- da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel. Se o conxunto do Goberno non asume a sustentabilidade ecolóxica como un obxectivo fundamental, de pouco serve ter unha Consellaría "ambientalista".

 

Desgrazadamente, en Galiza temos un goberno para o que a sustentabilidade é a excepción, non a norma. Alén diso, a Consellería de Medio Ambiente é pouco ambientalista. 

A sustentabilidade non está no cerne da acción da Xunta. Tan só impregna algo algunhas políticas. Mais o que predominan son os enfoques insustentables. É o caso das políticas de enerxía e de transporte, con grande repercusión en cuestións tan importantes como as emisións de gases causantes da mudanza climática, a destrución do territorio e a perda de biodiversidade. Con políticas así, non é de estrañar que o Plano Galego de Acción Fronte á Mudanza Climática, recentemente presentado, prevea que as emisións de gases de efecto invernadoiro sigan aumentando durante a súa aplicación, aínda que o que se nos vende é unha redución de emisións imaxinarias, a respecto dun escenario tendencial. É dicir, as emisións aumentarían máis sen este Plano, mais van seguir aumentando, e non pouco, aínda que o  Plano se aplique na súa totalidade.

Ás veces, avanzouse na protección ambiental para máis tarde recuar. É o que aconteceu coa valente decisión de non deixar que Pescanova construíse unha piscifactoría en Touriñán, que foi seguida dun Plano de Acuicultura decepcionante. Ou coa prohibición de construír novos parques eólicos en espazos da rede Natura 2000 e a decisión de convocar un concurso para outorgar 2.325 MW de nova potencia eólica (a 1 de xaneiro deste ano había 2.951 MW instalados) sen ter definido previamente un completo mapa de zonas de exclusión para prevenir máis efectos negativos graves na paisaxe e na diversidade biolóxica. Este goberno é máis sensíbel que os anteriores ás presións sociais a favor da defensa ambiental, mais segue sendo máis sensíbel ás presións do poder empresarial e dos seus aliados mediáticos e partidarios que ás da cidadanía máis comprometida cun país e un mundo menos insusténtábel.

O bipartito nin sequera tivo interese en impulsar a prometida Estratexia Galega de Desenvolvemento Sustentábel (EGDS), que podería usar como coartada formal dun "sólido" compromiso coa sustentabilidade (e non sería difícil, grazas ao control, aínda considerábel, dos medios públicos, e ás relacións, aínda dabondo clientelares, cos medios privados). A adscrición da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostíbel (DS) á Consellería de Medio Ambiente -e non á Presidencia- e o nomeamento como conselleiro de Manuel Vázquez -un político demasiado pegado ao chan e sen máis compromiso coa defensa ambiental que o conveniente para a súa carreira política- xa foron sinais claros no inicio da lexislatura do papel que reservaba o bipartito ás políticas de desenvolvemento sustentábel.  A Dirección Xeral de DS segue sen EGDS, é dicir, sen o que podería  ser o seu principal instrumento para ecoloxizar as políticas autonómicas. A outra ferramenta importante que  ten súas mans para iso, a Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE), pouco ten dado de si até agora.  Neste contexto, que Manuel Vázquez diga no Parlamento que a Lei da Paisaxe será o eixo dun "novo modelo de desenvolvemento" resulta ridículo. (Por certo, sería moi conveniente,  para disuadir os políticos de faceren declaracións grandilocuentes sobre a relevancia das leis, que se instaurasen mecanismos para avaliar o seu rendemento, como se propón nun estudo recente sobre actitudes políticas e participación encargado pola Generalitat.)

Nun goberno que, en boa medida, acha que a protección ambiental é un obstáculo para o "desenvolvemento", non sorprende que boa parte das medidas de protección ambiental dirixidas a corrixir ou prevenir algúns dos efectos negativos dun modelo de desenvolvemento insustentábel tarden en chegar, por moito que se anuncien. Poderíamos pór máis exemplos -como as directrices para o ordenamento do territorio ou o plano territorial para o litoral- pero talvez sexa a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, cun director xeral por primeira vez conservacionista, mais minorizada en peso político e con escasos recursos, a que máis fume ten vendido até agora. Pois non ten sido capaz de crear ningún dos novos catro Parques Naturais prometidos, nin de ampliar a Rede Natura 2000, nin de comezar a aplicar un só plano de recuperación ou conservación de especies ameazadas,...

 
Seg. >