Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Reseñas breves PDF Imprimir Correo-e
Reseñas breves de publicacións e webs. Ecofeminismo na revista Andaina

O número 47 da revista galega de pensamento feminista Andaina dedica varios artigos ao ecofeminismo, un pensamento e unha praxe pouco e mal coñecidas: "Que é o ecofeminismo" (Alicia Pueyo), "A era post-patriarcal: a viabilidade da utopía ecofeminista" (Saleta de Salvador Agra) e "Necesidade e pobreza segundo Vandana Shiva" (Anna Cervera Iglesias). Máis información na web da revista Andaina.

ADEGA Cadernos

ADEGA Cadernos é unha colección de monográficos sobre temas ambientais editada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). O último número publicado é o 16, dedicado ao cambio climático. Os números 14 e 15 recollen relatorios presentados nunhas xornadas sobre os ríos organizadas por Oureol e pola Federación Ecoloxista Galega (FEG).

Á man esquerda

Á man esquerda é un libro de Araceli Varela e Marcos Mariño que recolle entrevistas con algúns dos pensadores de esqueda máis destacados da actualidade: Giovanni Arrighi, Noam Chomsky, Robert Brenner, Eduardo Galeano, Jean Ziegler, David Harvey, Peter Gowan e Alex Gallinicos. De Edicións Laiovento.

Troposfera

Troposfera é un portal español sobre contaminación atmosférica promovido por expertos galegos en calidade do aire. Nel podemos consultar datos históricos sobre a calidade do aire no Estado español,  descargar abundante documentación, ler noticias de actualidade,...

cabecera.jpg

 
< Ant.