Un comercio xusto galego |
![]() |
![]() |
![]() |
Un artigo de Xoán Hermida, director da ONGD Amarante. En Galicia este movemento chega con certo atraso, mais con forza. Non podía ser doutro xeito, pois os galegos e as galegas teñen un alto sentido da solidariedade, aprendido ao longo de varios séculos de miseria e de emigración imposta. {quotes} Asistimos actualmente ao auxe deste sector, confirmado na existencia de tendas de organizacións sociais e de consumidores/as en practicamente a totalidade das grandes cidades e vilas.{/quotes} Asemade pódese atopar comercio xusto en moitas tendas e empresas de hostalaría e en diversas institucións. A importación directa e acordos de distribución con empresas é outra das posibilidades nas que se está a avanzar, aínda que de xeito máis lento. Os retos do comercio xusto Pero esta realidade aparentemente tan esperanzadora enfróntase a determinados escollos importantes que poden anular este aparente auxe. Unha aproximación a unha análise de debilidades e fortalezas do comercio xusto en Galicia, extrapolábel nalgúns puntos ao comercio xusto en xeral, enfrontaríanos á seguinte realidade. Entre as debilidades máis claras coas que se atopa o movemento do Comercio Xusto están:
Obviamente debemos citar fortalezas que, aínda que en menor medida, existen:
As oportunidades veñen presentar posibilidades novas hai anos descoñecidas:
Pero obviamente as oportunidades conviven con ameazas reais, entre as que cómpre destacar:
Modelo galego e integral
A vertebración dun sector decisivo do comercio xusto en Galicia vai ter ineludiblemente elementos estruturais diferentes aos doutros lugares. En todo caso, catro son os aspectos sobre os que debería traballar o movemento do comercio xusto se quere construír un sector estratéxico de fondo calado na sociedade e autosostible economicamente. Debe pois construírse un modelo pensado en Galicia que teña en conta os elementos demográficos, económicos, políticos, culturais ou sociolóxicos diferenciadores. Trátase de introducir un sector de economía solidaria cos outros nun país no que até escasamente unha ou dúas décadas era demandador de solidariedade. Xa que logo, este modelo debe ter en conta a propia realidade nacional para que o factor de solidariedade con outros, clave no comercio xusto, non sexa visto como un elemento de competencia con produtos e sectores que atravesan situacións de reestruturación laboral ou de reconversión produtiva. A produción agraria de pequenas explotacións ou a deslocalización do téxtil son exemplos nos que se podería afondar. Un segundo aspecto é a necesidade de vertebrar un modelo comercial galego como elemento afianzador do sector no país. A realidade demográfica e económica galega condiciona sen ningún lugar a dúbidas a construción dun modelo de comercio xusto posible en Galicia, e de feito Galicia é a comunidade do Estado onde, a pesar de o volume das vendas ser moi baixo, existe o maior número de tendas proporcionalmente. Por outra banda, a existencia de explotacións agrarias familiares no campo, presionadas polas políticas da PAC, condiciona obxectivamente a incorporación destes pequenos produtores/as ao comercio xusto, impensable noutras zonas onde no campo dominan as medianas e grandes explotacións. Outra materia pendente do comercio xusto en Galicia, clave tanto para a mellora da sensibilización como para a redimensión de prezos da comercialización, é a importación e a distribución a partir da chegada directa dos produtos desde o seu lugar de orixe. Modelo empresarial de economía social A falla dun tecido industrial, unido á crise agraria, supuxo a aparición en Galicia dun sector de servizos e de novas tecnoloxías importante, e particularmente o ligado á cultura do lecer e á hostalaría está a dar pasos importantes cara á profesionalización, logo dunha primeira xeración de empresarios/as que chegaron ata aí nos setenta e nos oitenta rebotados doutros sectores. Trátase dun grupo dinámico disposto a ligar modernización das súas empresas con novas apostas empresariais entre as que, de saber concretar, tería un espazo importante a responsabildiade social corporativa e o comercio xusto. Por outra banda, a economía social en forma de cooperativas de consumo ou de distribución está en auxe, así como un sector importante de produción respectuoso co medio ambiente e coas persoas, tanto no agro coma no téxtil. Trátase dun potencial que está a plasmarse en tendas mixtas comercio xusto e agricultura orgánica, que incorporan nalgúns casos artesanía popular propia e téxtil e que ten se localiza en vilas de tamaño medio: Ponteareas, Melide, Vilagarcía, Xinzo, As Pontes, O Barco... En último lugar, aínda que non menos importante, é clave fixar un modelo de transparencia cara aos consumidores/as. Toda a arquitectura do comercio xusto pode derrubarse diante da sospeita, aínda que sexa infundada, dunha fraude nos prezos ou nos produtos.
- Aos pequenos productores/as do Norte e do Sur. Hoxe non existen intereses enfrontados entre os pequenos agricultores ou artesáns do Norte e do Sur tal como pretenden facernos crer os estados e as multinacionais. A democratización da comercialización, a produción centrada no mercado interno -e, xa que logo, o rexeitamento de subvencións ou aranceis abusivos na exportación-, a falla de terra para producir ou a necesaria soberanía alimentaria son elementos coincidentes dos pequenos produtores/as do Norte e do Sur. - Aos pequenos comerciantes fronte aos grandes monopolios de distribución e comercialización. Non se entendería por parte dos pequenos comerciantes, que con grandes dificultades sacan adiante os seus negocios, que este novo sector pretendidamente xusto lles fixese competencia desleal. Mesmo podería ocorrer como no campo medioambiental, onde hoxe tratamos de poñer en marcha proxectos de redución, reutilización e reciclaxe, cando antes se destruíron os mecanismos tradicionais de reutilización e reciclaxe que funcionaban no rural galego. - Aos traballadores e traballadoras fronte á explotación salarial. Non se trata só de asegurar as condicións de vida dos traballadores/as no espazo da produción, senón tamén na comercialización. É unha contradición central que mina a base do propio comercio xusto a aposta que se fai dende algunha distribuidora por introducir produtos de comercio xusto nas mesmas multinacionais de distribución -El Corte Inglés, Carrefour...- que controlan o mercado internacional e explotan os seus propios asalariados. - Aos consumidores do Norte. Temos dereito a estar informados do que consumimos e en que condicións éticas foron elaborados os produtos que mercamos. Xa que logo, temos dereito a produtos de calidade e a unha alimentación sa. Xoán Hermida González é licenciado en Historia Contemporánea e director da ONGD galega Amarante. Para saberes máis: Web sobre comercio xusto da Coordenadora Galega de ONGDs. Web sobre comercio xusto de Amarante.
|
< Ant. | Seg. > |
---|