Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Web de Bakeaz PDF Imprimir Correo-e
Bakeaz é un centro de documentación e estudos independente sobre paz e sustentabilidade.

http://www.bakeaz.org

Bakeaz, "pola paz" ou "mediante a paz" en euskera,  é un centro  de documentación e estudos independente sobre paz e sustentabilidade, fundado no País Basco en 1992 por 10 persoas vinculadas a organizacións ecoloxistas, pacifistas, de dereitos humanos,..., algunhas delas tamén ligadas ao mundo académico.  Podemos considerar que a creación de Bakeaz foi un acto de militancia, pois os seus creadores querían contribuír a paliar a escasa capacidade reflexiva dos movementos sociais nos que participaran intensamente.

Superando dificuldades, e en boa medida grazas á tenacidade do seu director, Josu Ugarte, Bakeaz conseguiu desenvolver ao longo dos seus 15 anos de vida un intenso e frutífero labor que contribuiu a fundamentar mellor a acción de movementos sociais como o ecoloxista e a promover a sustentabilidade no Estado español. Por exemplo, foi Bakeaz, xunto coa Coordinadora de Afectados por Grandes Embalses y Trasvases (COAGRET), a editora en 1997 do libro "La nueva cultura del agua en España", de Francisco Javier Martínez Gil, a publicación que introduciu este novo enfoque da xestión da auga na sociedade española e que abriu unha colección que hoxe é unha referencia ineludíbel, felizmente xa non só para activistas sociais senón mesmo tamén para algúns decisores políticos.

A través da súa web podemos coñecer a actividade de Bakeaz nos eidos da cultura da paz, a sustentabilidade, a participación cidadá, a auga e a cooperación. E tamén comprarmos algunha das súas interesantes publicacións, difíceis de achar nas librarías galegas.

Xosé Veiras García 

 

 
< Ant.