Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
El fetiche del crecimiento PDF Imprimir Correo-e
Neste provocativo libro de Clive Hamilton  ponse en causa o fetiche do crecemento, definido como "un obxecto sen vida venerado polos seus aparentes poderes máxicos". Unha reseña de Xan Duro.

Título: El fetiche del crecimiento

Autor: Clive Hamilton

Editorial: Laetoli

Páxinas: 356 

 

fetichepAs nosas casas son cada vez máis grandes pero cada vez temos familias máis pequenas, temos acceso practicamente ilimitado a medios e sistemas de comunicación pero cada vez ficamos máis illados. Temos máis cartos pero estamos máis endebedados, temos capacidade de satisfacción mais ficamos insatisfeitos... Durante décadas os líderes de opinión e do pensamento neoliberal dominante estabeleceron como verdade irrefutábel que un maior crecemento económico e maiores ingresos levan a unha maior felicidade e satisfacción. O aumento da renda converteuse no obxectivo mesmo da vida, crucial para a definición do “eu” na sociedade moderna.

Neste provocativo libro, Clive Hamilton, profesor da Universidade Nacional de Australia e director executivo do Australian Institute pon en causa o que denomina o fetiche do crecemento definido como "un obxecto sen vida venerado polos seus aparentes poderes máxicos".

Ao longo dos sete capítulos fai un percorrido polas relacións que o mantra do crecemento económico mantén coa identidade, fundamentalmente a través da nosa definición como persoas mediante o consumo (”Se mercar se converteu na actividade coa que tentamos darlle sentido á nosa vida, os centros comerciais que adornan actualmente calquera cidade son os santuarios que levantamos a ese poder”); o concepto de progreso, a política (a Terceira Vía e os think tanks neoliberais), o traballo, onde as cuestións de identidade, estrutura social e orientación política están actualmente máis definidas polas actividades de consumo que pola produción e polo emprego; e o medioambiente e as consecuencias deste consumo voraz.

O oitavo e último capítulo gárdao para as súas propostas do que denomina a sociedade post-crecemento, que se poden resumir na redución de escala ou downshifting:: menos horas de traballo, menos marketing, outros parámetros distintos ao Produto Interior Bruto (PIB) para medir o desenvolvemento, etc. En palabras do propio autor: "o propósito fundamental dunha sociedade post-crecemento non será aumentar as rendas senón se lles dá aos seres humanos posibilidades de satisfacción e realización persoal [...]axudando a comprender o que é realmente valioso e satisfactorio, algo que non ten nada que ver coas cousas que segundo os publicistas e a sociedade do marketing proporcionan unha vida con sentido".

Xan Duro Fernández 

 

 
< Ant.   Seg. >