Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Cos Pés na Terra pecha unha etapa PDF Imprimir Correo-e

Este número pon fin á primeira etapa de Cos Pés na Terra, iniciada a finais de 2006. Após once números publicados, chegou o momento de procurar  a renovación dun proxecto de comunicación que, desde a súa inmensa modestia, e sustentado no traballo voluntario de colaboradores/as e integrantes do consello de redacción,  quere contribuír a estimular e enriquecer o debate en Galicia sobre o reto da sustentabilidade.

Malia unha periodicidade só semestral e un público obxectivo restrinxido, a revista conseguiu ao longo destes anos unha media anual de 6.300 visitantes, aos que agradecemos o seu interese. Ademais,  os contidos orixinais de Cos Pés na Terra, publicados baixo licenza Creative Commons, foron reproducidos nalgúns casos a través doutras webs, que amplificaron así a súa difusión de xeito notábel.

Cos Pés na Terra non pretendeu ser nunca un medio de expresión de Verdegaia, mais non tería sido posíbel sen a iniciativa e o  respaldo desta asociación ecoloxista, propietaria do dominio da revista e responsábel do nomeamento do seu consello de redacción.

 

Blog do Consello de Redacción

Elaborado polo Consello de Redaccion de Cos Pes na Terra.  Visítao!