Reseñas breves |
![]() |
![]() |
![]() |
Reseñas breves de diversas publicacións.
Guía para os propietarios de terreos eólicos Esta guía, froito dun convenio entre a Fundación Juana de Vega e o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo, quere ser unha ferramenta de apoio aos propietarios de terreos eólicos para mellorar a súa posición nos procesos negociadores coas empresas promotoras de parques eólicos. Boa parte do seu contido plasma a experiencia do GIEEA no traballo con propietarios de terreos eólicos nos últimos anos. Os autores, Xavier Simón e Damián Copena, coidan que "a chegada masiva de aeroxeradores ao rural débese entender como unha oportunidade para fortalecer social e economicamente ás comunidades rurais". A guía pode descargarse de xeito gratuíto aquí. A débeda pesqueira española e europea
Unha das conclusións principais do informe é que "a sobreexplotación dos caladoiros próximos, causado polo auxe da modalidade de pesca industrial, xunto coa deterioración dos nosos mares, e o incremento do consumo de peixe das últimas décadas, fixo que se "colonizasen" novas zonas pesqueiras por parte das frotas españolas e europeas. Poderíase falar, por tanto, dunha "débeda pesqueira" dos países enriquecidos face aos países empobrecidos, e entre a súas respectivas frotas, para compensar o déficit pesqueiro dos primeiros, así como para lucrarse no mercado global da pesca".
"¿Cómo vivir? Acerca de la vida buena"
A reflexión sobre a vida boa é un
dos grandes asuntos do pensamento humano. Filósofos, escritores, artistas e
pensadores de diferentes culturas e tradicións abordárono desde distintas
perspectivas, todos eles preocupados por encontraren o significado do que os
gregos denominaban eudaimonía, cuxa tradución máis adecuada ao
castelán sería vida lograda ou vida buena, termos que se
afastan dunha concepción da felicidade como simple hedonismo. Os textos
seleccionados para esta antoloxía oferecen ao lector un itinerario a través
dese debate secular, centrándose na dimensión filosófica diso que chamamos
felicidade, mais sen esquecer a súa dimensión política. Na Ética nicomaquea
afirmaba Aristóteles: Ser feliz é vivir e actuar. Abríase así un
debate que na actualidade adquire nova urxencia e precisa de novas nocións,
enfontados como estamos a una sociedade que nos prefire eternamente
insatisfeitos. (Tradución do texto de presentación da editorial, Los libros de la Catarata). |
< Ant. |
---|