Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Reseñas breves PDF Imprimir Correo-e
Reseñas breves de libros, informes e webs.

 

A historia da desecada lagoa de Antela contada por unha cegoña

 

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) , coa colaboración do Centro de Cultura Popular da Limia, vén de editar un conto infantil no que unha cegoña narra a historia da lagoa de Antela, que foi unha das zonas húmidas máis importantes da Penínsulantela.jpga Ibérica. "¡¡¡Un conto de verdade!!! A historia de Antela contada por unha cegoña" foi escrito por Serafín González e ilustrado por Carlos Silvar e constitúe a primeira actividade da sección Antela da SGHN. Aquí podemos ver un dossier da presentación do conto na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Cadernos prácticos do Observatorio da Directiva Marco da Auga da FNCA

O Observatorio da Directiva Marco da Auga (ODMA) da Fundación Nova Cultura da Auga (FNCA) iniciou a publicación dunha serie de guías de apoio á participación "coa finalidade de seguir contribuíndo á mellora da calidade da participación cidadá na elaboración dos planos de xestión de bacía", como o de Galicia-Costa ou o da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil. Xa se poden descargar desde a web da FNCA as tres primeiras guías: "El análisis de costes en los planes de gestión de cuenca",  de Francesc La Roca (Universitat de València); "Análisis de las excepciones de los objetivos ambientales en los planes hidrológicos de cuenca", escrita por Abel La Calle (Universidad de Almería) e mais a "Guía sobre integración en los planes hidrológicos de cuenca", elaborada por Leandro del Moral (Universidad de Sevilla).

Avaliación das políticas españolas de biodiversidade

Ecoloxistas en Acción presentou un informe no que se evidencia o fracaso das políticas de biodiversidade estatal e autonómicas desenvolvidas durante os últimos cinco anos. Algúns aspectos destacados no informe "Chequeo a las políticas españolas de biodiversidad" son a falta de protección efectiva face aos intereses económicos dos espazos naturais protexidos, a escasa atención a invertebrados e plantas á hora de promover plans de recuperación de especies ameazadas ou o atraso na protección dos ecosistemas mariños. Ecoloxistas en Acción salienta que "as políticas de biodiversidade seguen sen ter en conta as raíces socioeconómicas da perda de biodiversidade, pretendendo asegurar a súa conservación a base de actuacións en espazos naturais protexidos e especies ameazadas, aspectos importantes pero moi insuficientes por si sós para deter a perda de biodiversidade".

A dependencia externa de peixe da UE

O informe "Fish Dependence" , da New Economics Foundation (NEF) , revela até qué punto os países da UE estamos a importar peixe e a exportar a sobrepesca. No caso do Estado español, dous de cada tres peixes consumidos veñen de fóra da UE. "España lidera xunto con Portugal e Francia a lista de estados depredadores de peixes da UE. É unha mágoa que o apetito de España polos produtos pesqueiros non vaia acompañado dun desexo igualmente intenso de garantir a pesca no futuro",  afirmou Aniol Esteban, membro de NEF/OCEAN2012 e coautor do informe. "A crise bancaria ensinounos acerca dos perigos de vivirmos por enriba das nosas posibilidades financeiras. Neste contexto, o perigo derivado de vivirmos por enriba das nosas posibilidades ecolóxicas é aínda peor".

Cada cidadán español consome de media 44,8 kg de peixe ao ano, un pouco máis do dobre do consumo medio europeo (22,1 kg) e claramente por enriba do consumo medio de peixe mundial, que se sitúa en 17,1 kg/ano.

Manifesto: A crise que vén

A crise é hoxe a pantasma  que percorre Europa. Dos resgates financeiros dos anos 2008 e 2009 á crise da débeda pública dolacrisisqueviene-1.jpgs países da Europa "periférica", unha constante subxace a todas as medidas: os intereses e os beneficios financeiros van primeiro. Aínda que iso custe o benestar inmediato e futuro de poboacións enteiras. Aínda que isto implique o desmantelamento dos sistemas de pensións e o retroceso de dereitos sociais conquistados hai décadas. Aínda que as tais políticas deslicen ao conxunto da economía por la senda renqueante do estancamento. A próxima década non nos oferece máis que unha nova rolda de privatización de servizos e garantías sociais, maior recúo dos salarios e unha crise social que aínda hoxe só coñecemos na súa fase embrionaria. Por iso a crise non é só económica, senón ao mesmo tiempo social e política.

Nestas condicións, quizais só quede un único camiño: dirixir a indignación, apostar por unha política construída desde abaixo, perder o medo imposto por unha atmosfera mental infectada pola idea da escaseza e conquistar a alegría dun mundo que aínda hoxe, baixo a amenaza do comezo dunha longa decadencia, é máis rico que calquera dos seus precedentes.
Acceso ao manifesto:
http://www.traficantes.net/index.php/trafis/editorial/catalogo/otras/la_crisis_que_viene.pdf

(Texto recollido da web de CIP-Ecosocial). 

Tanquem les Nuclears - Nova Cultura de l'Energia

http://www.tanquemlesnuclears.org

Espazo web para o peche urxente e ordenado das centrais nucleares, o aforro, a eficiencia e o 100% de enerxías renovables.

 

 
< Ant.

Blog do Consello de Redacción

Elaborado polo Consello de Redaccion de Cos Pes na Terra.  Visítao!