Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Reseñas breves PDF Imprimir Correo-e
Reseña

Reseñas breves sobre a revista  "El Ecologista", o especial do boletín Terra sobre a historia da Federación Eecoloxista Galega (1990-2005), o número de Grial dedicado á ecoloxía e a economía e a mediateca do Consello da Cultura Galega.

el_ecologistaEcologista   é unha revista trimestral editada pola confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción que está a piques de editar o seu número 50. Trátase dunha revista ecoloxista  consolidada e de grande calidade, con distribución non só mediante suscripción senón tamén a través de quioscos. Alén de ser un vehículo para informar sobre o traballo da organización ecoloxista española con maior número de activistas, é un medio de referencia para todas as persoas que no Estado español se identifican co ecoloxismo social.


A Federación Ecoloxista Galega (FEG) editou un número especial do boletín Terra dedicado aos seus primeiros anos de historia (1990-2005). Unha publicación imprescindible para se aproximar á historia do movemento ecoloxista galego, que podes pedir gratuitamente á FEG ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).

1152620618grial169O número 169 da revista galega de cultura Grial, editada por Galaxía, dedicou un amplo espazo ao tema "Da ecoloxía á economía: o crecemento sustentable", incluíndo os seguintes artigos: "Os límites do desenvolvemento", por Uxío Labarta; "¿Unha Galicia insustentable?, por Federico Martín Palmero (entrevistado neste número de Cos Pés na Terra"); "As enerxías renovables en Galicia. Pautas para un desenvolvemento sustentable", por María L. Loureiro; "A nova xeración de políticas ambientais a través de prezos", por Xabier Lavandeira e Alberto Gago, e "O mercado na xestión e conservación dos recursos naturais", por Juan Freire.

 

A Mediateca do Consello de Cultura Galega é o punto de descarga das publicacións en versión electrónica (en formato pdf) editadas polo Consello. Entre as publicacións incorporadas á mediateca, que se poden descargar de xeito gratuíto, salientamos as seguintes: Os incendios forestais en Galicia (Francisco Díaz-Fierros e Plácido Baamonde, coordenadores),  A natureza ameazada 2004 (Ernesto Viéitez Cortizo e José Miguel Rey Salgado, editores)  e  Efectos económicos, sociais e ambientais da marea negra do Prestige (Albino Prada e María Xosé Vázquez, coordenadores).

 
< Ant.   Seg. >