Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Reseñas breves PDF Imprimir Correo-e
Reseñas breves de libros e revistas.

 

Historia dunha agricultura sustentable. Transformacións produtivas na agricultura galega contemporánea

O obxectivo deste libro, escrito por D. Soto Fernández e editado pola Consellaría do Medio Rural,  é analizar as transformacións produtivas producidas na agricultura  galega contemporánea, tanto no período dominado pola enerxía solar - fonte enerxética primaria  (agricultura orgánica) - coma durante a Revolución Verde a partir da segunda metade do século XX,  que se caracteriza pola substitución da enerxía solar polas enerxías fósiles como principal achega  enerxética á produción. Así, analiza o funcionamento e a dinámica do sistema agrario segundo os  distintos contextos tecnolóxicos da Galicia contemporánea e explica as transicións entre eles.

Contra la barbarie ecológica del capitalismo

Libro editado por Salvador Fernández Arnal, dispoñible gratuítamente en versión electrónica (pódese descargar aquí), con "entrevistas sobre aristas tráxicas (e frecuentemente escurecidas) da civilización capitalista", publicadas nas páxinas de El Viejo Topo, http://www.rebelion.org/ e Papeles de relaciones ecosociales y cambio global. Gustavo Duch caracterízao no prólogo, como un libro "fácil na súa leitura", "moi didáctico polo sucintas e concretas das exposicións e moi revelador das posicións que defenden os autores", entre os que se achan Federico Aguilera Klink, Ramón Fernández Durán, Joaquim Sempere ou Guadalupe Rodríguez (de "Salva a Selva").O libro péchase cun fragmento de "Un futuro para o socialismo" de Terry Eagleton.

amsportadan8.jpgAmbientalMente Sustentable

AmbientalMente Sustentable é unha publicación semestral de ciencias sociais, ciencias da natureza, ciencias da saúde, ciencias químicas, enxeñaría informática e ciencias físicas e matemáticas editada polo Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Os seus obxectivos  son: divulgar as achegas de carácter científico que desde as distintas áreas do coñecemento se están a facer no ámbito da educación ambiental, abordar temas socioambientais de actualidade e presentar propostas anovadoras en que se una investigación e acción, reflexión teórica e xestión. Os contidos dos dous últimos números publicados, o oito e o sete, tratan respectivamente das novas visións e as novas propostas da educación ambiental e mais das estratexias de comunicación e educación ambiental fronte ao cambio climático.

 "esPosible", unha nova revista "on line"

"esPosible" é unha nova revista electrónica editada pola Fundación Ecología y Desarrollo en colaboración coa Fundación Chandra cuxo obxectivo é reflectir accións de empresas, administracións públicas, ONG, medios de comunicación ou cidadáns e cidadás a prol da sustentabilidade. 

 
< Ant.

Blog do Consello de Redacción

Elaborado polo Consello de Redaccion de Cos Pes na Terra.  Visítao!