Normas para os/as autores/as da Revista Cos Pés na Terra |
![]() |
![]() |
![]() |
2.- Os textos non superarán as 2.500 palabras e utilizarán unha linguaxe clara e concisa. Recoméndase a utilización de cadros e figuras para facilitar a comprensión do texto, indicando as fontes de onde proveñen os datos citados. Sempre que for posíbel, as referencias no texto a outros artigos e a publicacións acompañaranse da correspondente ligazón. As notas a pé de páxina serán curtas. Agradécese o envío de fotos que poidan ilustrar o texto. 3.- Indicarase o nome completo do autor/a, un enderezo electrónico para o contacto cos lectores/as e, se for o caso, a organización ou institución á que pertence ou na que traballa. 4.- Os artigos poderán ser escritos en calquera das normativas recoñecidas do galego, en portugués ou en castelán. 5.- A decisión sobre o título, antetítulo, entradiña e pés de foto son responsabilidade da revista. 6.- Os artigos publicaranse na web baixo a licencia Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 2.5 de Creative Commons, o que permite a libre difusión dos artigos que publique, coa única condición de se citar o/a autor/a e a revista. 7.- Os artigos deberán ser enviados a: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver . 8.- O Consello de redacción resérvase o dereito de decidir sobre a publicación de textos non solicitados.
|