Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Editorial PDF Imprimir Correo-e
Editorial

Cos Pés na Terra é unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre a sustentabilidade. Un medio plural e independente fondamente comprometido coa procura da sustentabilidade, tanto na Terra dos galegos e galegas como na de todos os pobos da Terra. Un espazo aberto á participación de organizacións e de persoas que queren estimular e enriquecer o debate para facer fronte ao desafío, cada vez máis urxente e necesario, da sustentabilidade.

A periodicidade dos números de Cos Pés na Terra será, en principio, semestral.  Cada número será parcialmente renovado coa incorporación de novos contidos. O público obxectivo preferente ao que nos queremos dirixir son  activistas do movemento ecoloxista e doutros movementos sociais, estudantes e profesionais de áreas relacionadas cos temas da revista, xornalistas, técnicos/as de Administracións ou de empresas e cargos políticos.

A revista nace a partir dunha idea da asociación ecoloxista Verdegaia e co seu respaldo,  mais non vai ser un medio de expresión  desta organización. Cos Pés na Terra non pretende ser a revista dunha asociación senón unha revista de referencia para o ecoloxismo galego e, en xeral, para a parte da nosa sociedade máis comprometida coa sustentabilidade.

Agardamos que o primeiro número sexa do teu interese e esperamos ir mellorando número a número grazas ao teu alento.

O Consello de Redacción

 

Blog do Consello de Redacción

Elaborado polo Consello de Redaccion de Cos Pes na Terra.  Visítao!