Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Salvemos Monteferro PDF Imprimir Correo-e
Artigos
A urbanización salvaxe ameaza a nosa costa. Son moitas as promotoras urbanísticas e os políticos que están a traballar para artificializar o noso litoral. Mais tamén hai cidadáns e cidadás con visión de futuro e con conciencia ambiental que se organizan por todo o país para defender a riqueza natural da extensa e diversa costa galega. Un exemplo diso é Salvemos Monteferro, unha organización creada  no concello de Nigrán para defender a península de Monteferro. logo_salvemos_monteferroMonteferro, no concello de Nigrán, é unha pequena península situada na punta sudoeste da Ría de Vigo. Aínda que xa urbanizada na zona do istmo, o resto (unhas 85 hectáreas correspondentes na súa maior parte a monte en man común) constitúe o último espazo natural costeiro na banda sur da nosa Ría.  E tamén un caramelo para a especulación.

No ano 2005, un proxecto de Concello e Deputación pretende construír arredor do monte unha descomunal estrada, de até 16 metros de largo, con principio e fin nunha super rotonda de 36 m. de diámetro. Farois, beirarrúas, aparcamentos, e... traída de augas. En xullo, a obra é adxudicada a unha empresa de Lalín. Todo isto coa connivencia da directiva da Comunidade de Montes, que, neses días, levaba a cabo cortas salvaxes da arboreda, arrasando zonas enteiras do monte e creando grande alarma social.

O 19 de novembro é incendiado, diante do seu domicilio, o coche do portavoz do grupo municipal do BNG, David Giráldez, que viña denunciando a ilegalidade, tanto da obra proxectada, como da deforestación. (As Normas Subsidiarias de Nigrán cualifican Monteferro como Espazo Natural, prohibindo explicitamente o asfaltado de novos camiños, os movementos de terras e as cortas de árbores que non se fagan por entresaca).

"Salvemos Monteferro" nace pouco despois, o 12 de xaneiro de 2006, nunha xuntanza dun "grupo de persoas sensibilizadas co problema, particulares e membros de distintas Asociacións de Vigo e Val Miñor", tal como reza o documento fundacional. Actualmente son oito os colectivos integrados na Plataforma.

accion_salvemos_monteferroO 13 de xuño pasado presentamos no Concello 9.575 sinaturas contra o proxecto de vial e as cortas, ademais dun rigoroso estudo para buscar alternativas de futuro a Monteferro, respectando sempre o seu carácter de espazo natural. Tamén actuamos perante a Xunta, con denuncias, alegacións e entrevistas nas Consellerías con competencias no asunto: Medio Ambiente, Medio Rural e Política Territorial.

Actualmente, o proxecto, que foi notablemente rectificado á baixa, está sendo reactivado desde o Concello. 

 

Para contactar:

 Apartado 30. 36380 Gondomar.

Correo-e: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Teléfono: 647 965 193

 

Calquera organización cidadá (plataforma, foro,asociación...) especializada na defensa do litoral que desexe expor o seu traballo en Cos pés na Terra, pode enviarnos un texto de  non máis de 350 palabras con información sobre  a data de creación, se se trata dunha organización unitaria ou está formada por organizacións diferentes (asociacións ecoloxistas, de veciños,...), temas nos que traballa e actividades que realiza e datos para contactar.

 
< Ant.   Seg. >

Blog do Consello de Redacción

Elaborado polo Consello de Redaccion de Cos Pes na Terra.  Visítao!