Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Reseñas breves PDF Imprimir Correo-e
Reseñas breves de libros, informes, webs,...

50 anos do desecamento da lagoa de Antelathumb_550_not_13387.jpg

A Torre do Castro , revista cultural e turística do concello de Sandiás (A Limia), dedica o seu segundo número aos 50 anos do comezo das obras de desecamento da que foi unha das zonas húmidas interiores máis valiosas da Península Ibérica: a lagoa de Antela. Lendas, biodiversidade, feitos históricos e unha reportaxe sobre o novo Centro de Interpretación deste espazo compoñen o groso deste novo número de A Torre do Castro.

 

Transporte e pegada ecolóxica en Galicia

Transport and sustainable development: impact of the systems of population mobility and goods on the ecological footprint in Galicia é un artigo de Fernando González Laxe, Francisco Martín Palmero e Fernanda Miguélez Pose que analisa o transporte como compoñente da pegada ecolóxica de Galicia. O transporte supón unha porcentaxe moi alta do noso consumo de derivados do petróleo e, por conseguinte, ten un forte peso na elevada pegada ecolóxica do país. Isto é debido a que a mobilidade de persoas e mercadorías depende en moi grande medida do coche e do camión.

 

Relatorios da VII Conferencia Anual de ASPO

 ASPO son as siglas en inglés da Asociación para o Estudo do Pico do Petróleo e do Gas, unha rede informal integrada por persoas do mundo científico e doutros ámbitos interesadas en determinaren a data e os impactos do teito e posterior declive da produción mundial de petróleo e gas. Estes combustíbeis fóseis non se esgotarán de súpeto. Logo de a súa produción  atinxir un pico ou teito (que pode estar moi próximo no caso do petróleo), diminuirá rapidamente, o que terá consecuencias moi serias en sociedades aditas ao petróleo como a nosa. Preparármonos para este escenario, reducindo a nosa dependencia do petróleo, é cada vez máis necesario  se queremos evitar graves traumas socioeconómicos. En outubro pasado celebrouse en Barcelona a VII Conferencia de ASPO. Desde o moi recomendábel sitio web "Crisis energética ", animado por AEREN-Aspo Spain, pódense descargar os interesantes relatorios presentados durante esta conferencia internacional.

 

A natureza en España, máis protexida pero máis ameazada que nunca

jpg_icon_valoracion_100px.jpgCon motivo da celebración en Barcelona do Congreso da Unión Mundial de Conservación da Natureza (UICN), a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción presentou o informe "Valoración del estado de la conservación de la naturaleza en el Estado español ". Este informe advirte "que os esforzos de protección da natureza están sendo practicamente inúteis perante un modelo de desenvolvemento no que as actividades económicas consomen e degradan os recursos naturais a un ritmo vertixinoso". As políticas de conservación non conseguen parar importantes agresións á natureza, que teñen que ver co crecemento urbanístico, co desenvolvemento de infraestruturas de transporte, enerxéticas, hidráulicas ou turísticas, coa mudanza climática en marcha, coa sobrepesca,... O que demostra unha vez máis que non abonda con políticas ambientais, sobre todo se éstas teñen pouco vigor. Cómpre unha mudanza de modelo económico.

 

Consumir menos, vivir mellor

 "Consumir menos, vivir mejor: Ideas prácticas para un consumo más consciente ", de Toni Lodeiro, ofrece centos de ideas para unha vida cotiá máis sustentábel. Pódese descargar gratuitamente desde a web de CIP-Ecosocial , segundo a cal, o que caracteriza a este libro fronte a outras publicacións sobre consumo responsábel e vida sá é a " súa ollada "radical" (que procura as raíces dos problemas) e crítica coas falsas alternativas, a súa atención especial ás emocións e ás relacións personais, e un intento de unir pracer e ética, fuxindo de posturas moralistas"

 

Para saber máis sobre a crise alimentaria global

A campaña "No te Comas el Mundo" vén de publicar algúns documentos con información sobre a crise alimentaria global que se poden descarregar en formato pdf. "Especulandia. Introducción a la especulación alimentaria" é un informe de 19 páxinas elaborado por Ferrán Garcia co que coñecer a relación entre a crise dos prezos dos alimentos e a especulación financeira. "Introducción a la crisis alimentaria global" é un libriño de 64 páxinas publicado por "No te Comas el Mundo" (ODG, VSF e Xarxa de Consum Solidari), Grain e Entrepueblos, no que se recollen artigos de Eric Holt e Loren Peabody; Ferrán Garcia, Marta Rivera e Miquel Ortega; Alejandro Nadal; Vandana Shiva,...

 

 

 

 

 
< Ant.