Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Calvo no Salvador PDF Imprimir Correo-e

calvologo.jpgA conserveira Calvo está presente no Salvador desde 2003. As súas operacións no país centroamericano causan prexuízos ambientais e desprezan os dereitos laborais. Un exemplo de irresponsabilidade social e ambiental dunha transnacional galega nun país empobrecido ao que se aproxima este artigo de Cilia Hernández, de Ecologistas en Acción.

O negocio do atún

O atún é o terceiro produto mariño que se consome no mundo. Na industria do atún intégranse dous grandes sectores: o sector extractivo (frota atuneira) e o sector transformador (conserveiro, conxelador e comercializador).

A frota da Unión Europea, composta fundamentalmente por España (60 por cento) e Francia (40 por cento), captura cada ano 500 mil toneladas de atún.{quotes}As empresas españolas, coas súas frotas atuneiras conxeladoras, capturan perto do 60 por cento en augas internacionais e o resto mediante acordos con terceiros países.{/quotes}Perante isto é importante salientar que as especies demandadas pola industria atuneira son fundamentalmente tropicais.

O 58% (en volume) das conservas producidas en España corresponden ao atún, atinxindo no ano 2004 un total de 182 mil toneladas, cuxo valor ascendeu a 518 millóns de euros. Dese xeito España, cun 16,4 por cento da produción mundial, foi o terceiro produtor de atún en conserva. Segundo Ramón Núñez Gamallo, "O maior reto [que teñen as conserveiras] consiste en eliminar as restricións que existen na extracción de recursos e no comercio" (Revista Galega de Economía (vol.15, núm.1, 2006). Isto último quere dicir, entre outras cousas, que é indispensábel reducir o pagamento de aranceis.

Segundo INTERATUN, do 2002 ao 2006 as importacións de atún aumentaron a 52 mil toneladas, o cal indica que se está extraendo moito atún no estranxeiro. A isto hai que lle engadir que as fábricas instaladas en Galicia son responsábeis por máis do 70 por cento da produción de conservas e semiconservas de peixes en España. Empresas armadoras, acuícolas, elaboradoras e conserveiras galegas son propietarias dunhas 35 plantas industriais fóra de España e máis de 50 filiais radicadas noutros países. As dúas maiores conserveiras do Estado español polo seu volume de vendas son Jealsa e Calvo.

No caso español, a crecente liberalización e deslocalización están provocando problemas de desemprego e poden chegar a provocar peches de fábricas por traslado ou por creba. O atún entra a España co 24% de aranceis, mais estes poderían diminuír no futuro até o 0%.

Segundo CC OO, en Galicia (potencia atuneira) haberá unha perda de 7.000 empregos debido a estas medidas. Xa é un feito que as grandes conserveiras galegas apostaron por realizar o corte, a cocción e limpeza de lombos de atún en países con custos laborais máis baixos de África e América Latina. A procura de novos países onde explotar bancos pesqueiros vai orientada en parte a esa explotación de recursos non propios e ademais a beneficios económicos maiores, pois alén de conseguir materia prima, é un xeito de se introducir en novos mercados.

Unha das empresas que apostaron por trasladar as súas fábricas a América Latina é Calvo, a cuarta empresa atuneira a escala mundial. Ademais de dúas plantas de produción en Galicia (Carballo e Esteiro), posúe plantas no estranxeiro. En América Latina está presente no Salvador e no Brasil. Posuiu unha planta en Venezuela, que foi pechada e absorbida pola do Salvador, de tal xeito que esta última abastece todo o mercado da rexión. Calvo conta cunha frota pesqueira composta por once atuneiros, duos buques de apoio e tres mercantes.

Os golfiños e o atún

Segundo o Earth Island Institute (EII), sete millóns de golfiños morreron como consecuencia da pesca de atún en diferentes partes do mundo. No só os golfiños morren, tamén tartarugas e tabeiróns que adoitan estar xunto aos bancos de atún, especialmente de Thunnus albacares. Asemade, hai especies de golfiños que teñen os mesmos hábitos alimenticios que o atún, polo que é importante que se respecten as especies mariñas cuando se captura este tipo de atún. Porén, malia o seguemento que se fai por organismos como EII con estándares internacionais de "Dolphin Safe", as mortes de animais mariños seguen.

No Salvador non se coñecen as regulamentacións pesqueiras, nin a persistencia na mortalidade dos golfiños pola pesca de Calvo (*) Tampouco se coñecen esforzos para conservar os recursos como os golfiños ou as tartarugas mariñas que incidentalmente caen atrapados nas redes.A comunidade científica ten alertado sobre o impacto da pesca industrial de atún, xa que está terminando con algunhas especies mariñas en extinción.Iso débese ao exceso de redes usadas nas capturas. Os principais animais afectados son tabeiróns, tartarugas mariñas, pequenas baleas e golfiños, alén doutros mamíferos mariños e aves coma o albatros.

Calvo no Salvador

En 2003, Calvo inaugurou unha planta procesadora de lombos de atún en La Unión, iniciando así as súas operacións nas costas salvadoreñas. Até a data emprega 750 persoas.

fabrica_elsalvador.jpgNo acto de inauguración da planta participaron José Luis Calvo, como presidente do Grupo e mais o Vicepresidente da República Carlos Quintanilla Schmidt. José Luis Calvo ostenta desde o ano 2003 o cargo de cónsul do Salvador para Galicia e o vicepresidente da época é socio dun importante bufete de avogados. En 2001, a Xunta presidida por Manuel Fraga concedeu a Carlos Quintanilla a Medalla de Galicia na súa categoría de prata.

O inicio das actividades da planta, procesando 400 toneladas diarias de atún, suscitaba e suscita preguntas importantes: Que pasará co atún das costas salvadoreñas nos próximos anos?. Como afectará ás persoas que viven da pesca artesanal a pesca de arrastre de Calvo?.

En 2004, Calvo despediu cerca de 300 traballadoras por realizaren un paro espontáneo en protesta polas abusivas condicións de traballo (xornadas extenuantes e non cumprimento dos descansos semanais na descarga dos barcos atuneiros), así como pola falta de elementais medidas de seguridade. Alén diso, as traballadoras denunciaban que eran tratadas polos xefes e encargados con insultos e palabras soeces.

Após una serie de mudanzas na área comercial da UE e EUA, Calvo viuse beneficiada co Sistema Xeral de Preferencias Plus (SXPP), no caso da UE, e co Tratado de Libre Comercio (TLC) e a cláusula de SXPP con Estados Unidos. No caso da UE, os aranceis baixaron ao cero por cento para o produto exportado por Calvo. No caso do TLC, Calvo pode exportar cara a Estados Unidos e outros países cos que O Salvador ten Acordos de Libre Comercio como produto nacional salvadoreño. Isto representa un aproveitamento das prerrogativas salvadoreñas, respaldadas por un sistema político e económico corrupto que beneficia a oligarquía salvadoreña. A UE tivo que forzar en 2006 ao Salvador a aprobar acordos da Organización Internacional dcalvo-espania-200b.jpgo Traballo (OIT), ameazando con deixar o país fóra do SXPP.

Os sindicatos non comezaron a súa actividade até 2007. A empresa tentou obstaculizala a través de despedimentos. O xurdimento da actividade sindical na empresa non significa que se estean respectando os dereitos dos traballadores e traballadoras. É curioso que ao mesmo tempo que Calvo lanzaba o primeiro "atún claro cero por cento en materia graxa" nun Salón da Alimentación de Barcelona, para responder ás esixencias do consumidor preocupado por manter unha vida saudábel, no Salvador, poboadores de 16 cantóns e caseríos do departamento da Unión -onde a transnacional ten a súa planta- marcharon polas rúas esixindo o peche do recheo sanitario da ASIGOLFO (Asociación Intercomunal do Golfo de Fonseca). E que ten que ver Calvo con este protesto?. Neste vertedoiro deposítanse unhas 300 toneladas de lixo diariamente, parte do cal procede de Calvo, ocasionando malos cheiros e contaminación dos acuíferos. Segundo Aurelio Ventura, líder comunitario, "esa empresa estanos tirando os seus residuos de peixe, e está contaminando máis, polo tipo de químicos que eles utilizan para evitar os cheiros".

Mentres en Europa Calvo se preocupa polos seus consumidores e consumidoras e respecta, en certa medida, os dereitos destas persoas a un medio ambiente limpo e os seus dereitos laborais, no Salvador pode vulnerar os dereitos das persoas porque non son parte do seu mercado. En palabras do Centro de Estudos e Apoio Laboral (CEAL), "mentres en Europa fan boa letra, ao Salvador úsanno como lixeira".

 

Adaptación e tradución ao galego: Xosé Veiras. A versión orixinal deste artigo está dispoñíbel na web de Ecologistas en Acción (http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?article12162). Inclúe unhas notas extractadas dun documento escrito por Danilo Flores, avogado da Fundación de Estudios para la Aplicación del Derecho (FESPAD), sobre violacións dos dereitos laborais por parte de Calvo no Salvador.


Nota

(*) Segundo a EII, actualmente Calvo entrou na lista de produto seguro, como resultado de ter sido clasificada como unha das empresas que non respectaba os golfiños nos seus procedementos de pesca por EII. Porén, a EII continúa monitoreando a esta empresa que forma parte de Inter-American Tropical Tuna Commission (IATTC), que tamén ten un estándar para a protección de golfiños, mais que, segundo EII, realmente a IATTC non respeta eses estándares como o promulga e fai unha advertencia sobre isto. Para ver esta advertencia pódese consultar esta ligazón: http://www.earthisland.org/dolphinSafeTuna/consumer/IATTClabelAlert.html

 

Bibliografía

  -Centro de Estudios y Apoyo Laboral (CEAL). http://www.ceal-dlca.org/search?q=Calvo

 -Earth Island Istitute. Dolphin Safe Tuna. http://www.earthisland.org/dolphinSafeTuna/consumer/IATTClabelAlert.

-Enildo Iglesias e Gerardo Iglesias. "La novela del Grupo Calvo en El Salvador". Sirel / La Insignia, maio do 2007. http://www.lainsignia.org/2007/junio/ibe_001.htm

-Organización Internacional do Atún. A industria do atún. INTERATUN. http://www.interatun.com/SectorAtunero.html

-Sequeiro, Natalia (2007). La liberalización del comercio del atún amenaza a la conserva gallega  http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=2&idNoticia=229590

-Tribunal Permanente dos Pobos. Audiencia sobre Políticas Neoliberais e Transnacionais Europeas en América Latina e o Caribe. Viena, Austria. 10-12 de Maio do 2006.

-UNES, Red Sinti Techan- El Salvador; Bloque Popular - Honduras; Centro de Estudios Internacionales y Movimiento Social Nicaragüense - Nicaragua; Jubileo Sur Centroamérica. Débeda Ecolóxica da Unión Europea con Centro América. Bases para o reclamo de Centro América á Unión Europea. Débeda da 19 á 34.

 
< Ant.   Seg. >