Skip to content
 

Enquisas

Para superar a crise...
 
Conspiraciones tóxicas PDF Imprimir Correo-e

Conspiraciones Tóxicas emprende unha viaxe arredor do mundo dos lobbies empresariais nas súas relacións co poder político, tanto a nivel estatal como europeo, co que pretende denunciar unha práctica que substrae da participación pública grande parte das decisións políticas . Unha reseña de Xan Duro.

Título: Conspiraciones tóxicas: como atentan contra nuestra salud y el medio ambiente los grupos empresariales

Autores: Rafel Carrasco, Miguel Jara e Joaquín Vidal

Ediciones Martínez Roca, SA. Madrid, 2007 

 

conspiraciones_toxicas.jpgConspiraciones Tóxicas emprende unha viaxe arredor do escuro mundo dos lobbies empresariais nas súas relacións co poder político, tanto a nivel estatal como europeo, co que pretende denunciar unha práctica que substrae da participación pública a meirande parte das decisións políticas e que estende unha progresiva mancha de suspeita, cando non de certeza, sobre algunhas das decisións de fondas consecuencias ambientais e sociais que teñen marcado a actualidade europea e estatal.

A recente nova do cambio de David Taguas, que deixa a xefatura da Oficina Económica do Presidente en Moncloa para incorporarse á dirección de SEOPAN, a patronal das grandes construtoras, á que pertencen entre outras ACS, FCC, Acciona, ferrovial, Sacyr e OHL, ou o paso de Eduardo Zaplana, anterior voceiro do grupo parlamentar popular no Congreso á dirección de Telefónica Europa, sitúa máis se cabe no centro da actualidade este esclarecedor libro e corrobora claramente unha das súas denuncias: as prácticas de "portas xiratorias" entre a administración pública e os grandes grupos empresariais. Esta práctica supón o intercambio continuo de postos de traballo entre altos cargos das administracións e das empresas, sempre en beneficio destas últimas, ás que permite inserir persoas con marcada actitude pro-industria en postos de responsabilidade e recibir a través de ex-cargos políticos valiosa información sobre proxectos e ideas que se cocen nas institucións e unha axenda de contactos importante.

As relacións entre empresas e grupos de investigación universitarios, particularizada na polémica das emisións de radiofrecuencia da telefonía móbil, o Consello de Seguridade Nuclear, Monsanto e os organismos modificados xeneticamente, a enerxía eólica, pelotazos urbanísticos, Bruxelas e os lobbies europeos,  son algunhas das análises que desenvolven deste lesivo fenómeno. Os autores procuran sustentar as súas denuncias con profusión de datos e cifras que apoien as súas opinións, o que dota ao libro dunha grande credibilidade.

Un libro moi recomendábel, de leitura sinxela e cunha forte carga irónica que ameniza unha información que sementa inquedanza ao abrirnos os ollos perante a realidade que se agocha tras as grandes proclamas á democracia e á participación da cidadanía.

Xan Duro 

 

 
< Ant.   Seg. >