Ramón Fernández Durán, referente do ecoloxismo social

Posted by xoseveiras on Maio 12th, 2011

Vén de deixarnos Ramón Fernández Durán,  un dos principais referentes do ecoloxismo social no Estado español. Tom Kucharz e Luis González Reyes, compañeiros seus de Ecoloxistas en Acción, nunha nota necrolóxica publicada en el El Pais, resumen a súa destacada traxectoria como activista e intelectual, sen esquecer a faceta humana de alguén que “creou un estilo de militancia doce e xeneroso”, en palabras de Emmanuel Rodríguez, do Observatorio Metropolitano, recollidas no xornal quincenal Rebelión, en “Cuando Ramón Fernández Durán dice futuro”. “Deixounos un fantástico compañeiro, unha moi boa persoa, un militante excepcional e un grande mestre e pensador”, lemos en “La explosión del desorden”, o blog sobre Ramón Fernández Durán.

Dous anos de Goberno Feijóo

Posted by xoseveiras on Abril 25th, 2011

Non dispomos no país dun Observatorio da Sustentabilidade que nos proporcione unha avaliación completa, rigorosa e independente dos avanzos e recúos en materia de sustentabilidade ecolóxica, outra proba máis da falta de preocupación real polo maior desafío deste século que comeza. A pesar diso, non semella  atrevido afirmarmos que nos últimos anos  houbo unha certa deceleración da deterioración ambiental en –e tamén desde- Galiza.  Este feito coincide en parte cos dous primeiros anos de vida do Goberno presidido por Núñez Feijóo mais desde logo non é mérito del.

Read the rest of this entry »

O problema da eucaliptización

Posted by xoseveiras on Abril 8th, 2011

Para a Xunta é un “non problema”, mais a expansión masiva e caótica das plantacións de eucalipto é en realidade un dos principais problemas do monte en Galiza. O noso país é un exemplo paradigmático de eucaliptización, un proceso que ten causado importantes impactos ambientais. Da eucaliptización en Galiza e no resto da Península Ibérica trata o informe  de Greenpeace “La conflictividad del eucalipto en España (y Portugal). Análisis y propuestas para solucionar la conflictividad ambiental y social de las plantaciones de eucalipto en la península Ibérica”, presentado onte en Santiago en rolda de prensa.

Read the rest of this entry »

En poucas sociedades dos países chamados desenvolvidos teñen lugar mobilizacións de certo peso motivadas pola loita contra o cambio climático. Malia seren os responsábeis do maior problema socioambiental global, os gobernos destes países fan menos ou moito menos do que deberían e poderían e a crúa realidade é que, na maior parte deses países, a maioría dos seus cidadáns  pouco ou nada se importan con  iso. Desde Galiza, onde o quecemento global non está na axenda social e política nin se agarda que o estea, suscita abraio e esperanza lermos esta noticia no “Estadão”, un xornal de São Paulo: “Meio ambiente é tema de campanha da CNBB”. A CNBB é a Conferência Nacional dos Bispos do Brasil e a campaña, polo seu alcance e o seu enfoque, non é unha campaña calquera.

Read the rest of this entry »

Máis eólicas, pero non así

Posted by xoseveiras on Febreiro 28th, 2011

O 19 de novembro pasado, o conselleiro de Economía e Industria anunciaba a resolución do concurso eólico convocado pola actual Xunta despois de anular o resolto polo bipartito en decembro de 2008. No tempo que decorreu entre ambos concursos detívose o desenvolvemento eólico e desperdiciouse a oportunidade de reformular a política eólica baixo criterios ambiciosos de sustentabilidade ecolóxica e equidade social. 

Read the rest of this entry »

Proxecto Fénix

Posted by xoseveiras on Febreiro 23rd, 2011

En novembro de 2006, a Consellería de Medio Ambiente e a Sociedade Galega de Educación Ambiental asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun proceso de diagnóstico e actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental, denominado Proxecto Fénix. Despois do correspondente traballo de campo, elaboráronse os primeiros informes diagnósticos dos sectores e axentes máis relevantes da Educación Ambiental no noso país. A este diagnóstico incorporaríanselle un conxunto de recomendacións e indicadores para cada sector, que posteriormente serían contrastados de xeito participativo. Toda a interesante información resultante do Proxecto Fénix, do que xa nos temos feito eco neste blog, pódese descargar agora desde a súa web.

Economía, insustentabilidade, cegueira voluntaria, futuralxia

Posted by xoseveiras on Xaneiro 31st, 2011

Jorge Riechmann, profesor de Filosofía Moral na Universidade de Barcelona, autor, entre outros libros, de  Biomímesis”, escribe no artigo “Economía, insostenibilidad, ceguera voluntaria, futuralgia”: “se ollamos a realidade de fronte, probabelmente habería que dicir: a sorte está botada”. Con case todo o mundo hoxe rendido a unha práctica económica que só ten en conta o “valor engadido” e ignora o “valor sustraído”, probabelmente non seremos capaces de evitar o colapso,  non seremos quen de entrar de forma voluntaria e planificada nunha nova “era da limitación material”, definida por cinco adxectivos: “lixeiro, lento, perto, silencioso, solar”. “Só pode un facer pé na pequena repisa do probabelmente: esperarmos o inesperado, dicía o vello Heráclito, porque noutro caso, con seguridade, non o acharemos. Esperarmos o inesperado, desexalo, convocalo, non deixarmos de loitar por o materializar”.

Futuro para a ría de Pontevedra

Posted by xoseveiras on Xaneiro 14th, 2011

Vídeo producido pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) sobre os valores naturais, os problemas ambientais e as posibilidades de aproveitamento sustentábel dos recursos da ría de Pontevedra e a súa contorna. Está dividido en catro partes. Aquí recollemos a inicial. As restantes partes pódense ver no Canal APDR en Youtube.

Número 8/9 de Cos Pés na Terra

Posted by xoseveiras on Xaneiro 13th, 2011

Vén de se publicar o número oito/nove da revista dixital Cos Pés na Terra. Inclúe unha crónica da participación de Michael Löwy e Joaquim Sempere na XXVII Semana Galega de Filosofía e artigos verbo do decrecemento, o esgotamento dos recursos minerais a escala global, a loita labrega contra unha explotación mineira na Terra Chá, a condena das transnacionais galegas Calvo e Pescanova polo Tribunal Permanente dos Pobos, a conservación do lobo ibérico e a achega da enerxía eólica en Galiza á loita contra a mudanza climática. O editorial está dedicado á crise da biodiversidade. Os libros reseñados neste número son “Colapso” e “La historia cuenta. Del crecimiento económico al desarrollo humano sostenible”.

Vento en mans alleas

Posted by xoseveiras on Novembro 30th, 2010

Segundo unha nova publicada en Galicia Hoxe, “Vento en mans alleas“, o concurso eólico que vén de ser resolto pola Xunta non alterará o feito de a potencia eólica instalada en Galiza estar maioritariamente en mans de empresas foráneas. “Fronte á “galeguidade” das firmas beneficiadas defendida polo conselleiro Javier Guerra, o certo é que o 55% do total dos novos megawatts está en mans de empresas de capital non galego mentres que o 45% restante que, a priori, semellan ser de capital galego, agochan detrás un bo número de vinculacións empresariais que levan a súa orixe moi lonxe da comunidade”.

A economista Rosa María Regueiro, autora da tese de doutoramento Xénese e desenvolvemento do sector eólico en Galicia (1995-2010): marco institucional, aspectos económicos e efectos ambientais“,  apunta que “a maioría das firmas que explotan o noso vento son filiais ou están participadas por unha empresa matriz con sede en Madrid, Londres ou Nova York e que, a súa vez, están participadas por grandes compañías enerxéticas que dependen dun reducido número de grupos financeiros ou de investimentos”.