A Xunta non sabe con exactitude nin cantas canteiras hai, nin cantas teñen plano de restauración, nin cantas contan con fianza ambiental, nin cantas abandonaron a actividade sen cumpriren as súas obrigas. Un informe do Valedor do Pobo culpa ás Consellerías de Política Territorial, de Innovación e Industria e de Medio Ambiente do descontrol das canteiras, segundo unha noticia de El Pais. Un exemplo máis de que as normas de protección ambiental de pouco serven sen a vontade e a capacidade de as facer cumprir. Un entre moitos.

Something to say?