O Xurado dos Premios Nacionais da Cultura Galega, promovidos pola Consellaría de Cultura da Xunta, decidiu premiar na categoría de Pensamento e Cultura Científica ao edafólogo Francisco Díaz-Fierros. O xurado destacou  “a súa capacidade para colocar na axenda da cultura galega a cultura científica e saber unir a investigación con problemáticas actuais da sociedade galega, como o medio ambiente”. No número 1 de Cos Pés na Terra podes ler unha reseña do seu libro “A cuestión ambiental en Galicia”.

One Response to “Francisco Díaz-Fierros, Premio Nacional de Pensamento e Cultura Científica”

[…] tampouco dos premios. Pero vou aproveitar o ben merecido premio dado a un científico (ollade aquí se queredes datos), para falar dun aspecto moi importante no tratamento ambiental: o que […]

Something to say?