“Vivir (bien) con menos. Sobre suficiencia y sostenibilidad” é un libro, editado por Icaria no ano pasado, composto por catro ensaios: dous de Manfred Linz –“Sobre suficiencia y vida buena” y “¿Y qué pasa con la economía? Sobre suficiencia, crecimiento económico y desempleo”-; un terceiro de Joaquim Sempere -“¿Es posible la austeridad voluntaria en un mundo que se hunde en la insostenibilidad ecológica?”- e un cuarto de Jorge Riechmann: “Oikos & jaikus. Reflexiones sobre la crisis ecosocial”. Na web de Rebelión podemos ler unha reseña deste libro escrita por Salvador López Arnal e publicada no número de marzo da revista El Viejo Topo. Por outra banda, CIP-Ecosocial vén de difundir a versión en castelán do informe “Suficiente!. Retos globais e estilos de vida responsábeis”, dos suecos Göran Bäckstrand e Lars Ingelstam, unha sorte de revisión do informe “Canto é suficiente?”, de 1975, que deu moito que falar no país escandinavo cando se presentou. Os autores resumen así a súa tese principal:  “Hai que ser un tolo, ou extraordinariamente ignorante dunha enorme cantidade de evidencias científicas, para crer que o incremento constante do consumo é compatíbel co  incremento constante da calidade de vida”. Sosteñen  que o aumento sen límites do consumo non é nin posíbel nin desexábel.

One Response to “Suficiencia e sustentabilidade”

[…] Xosé Veiras no Blog de Cos Pés na Terra  imprimir  enviar SHARETHIS.addEntry({ title: “Sustentabilidade e límites”, url: […]

Something to say?