“O Courel, la joya de la biodiversidad gallega” é o título dunha reportaxe sobre o impacto das canteiras na serra do Courel emitido  en “El Escarabajo Verde”, reportaxe que se pode ver na web deste programa da 2. Un vídeo recomendado por SOS Courel, que fai algunhas aclaracións a propósito das declaracións do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, na reportaxe:

“-No Courel hai varias canteiras activas na Rede  Natura.

-No Courel hai varias canteiras abandonadas, sen restaurar, na Rede Natura.

- Non sabemos de ningunha concesión anulada pola Xunta, dígannos cales.

- Non teñen vostedes ningunha intención de parar a desfeita nin en dez anos, acaban de “regalarlle” unha superestrada ás canteiras de 15 millóns de euros e de 22 quilómetros, coa que están desfacendo metade da Serra.

- Mentres, a estrada dos veciños cara a autovía leva 5 anos en obras e só hai un quilómetro asfaltado, dun total de 14, e case sempre está cortada.

- Están vostedes cometendo un erro histórico gravísimo, fíxense que falamos só de salvar un terzo do Courel”.

Something to say?