WWF/Adena, cuxo responsábel de pesca é o galego Raúl García (membro do consello de redacción de Cos Pés na Terra), vén de lanzar unha campaña para un consumo responsábel de peixe e marisco coa presentación dunha sinxela guía de bolso na que as principais especies comerciais capturadas ou comercializadas en Europa aparecen clasificadas en tres listas: verde (“a mellor escolla”), laranxa (“segunda opción”) e vermella (“non as consumas!”). As da lista vermella proceden da pesca ou da acuicultura máis insustentábeis. Entre elas achamos o atún vermello, o bacallau do Mar do Norte ou do Báltico ou o fletán.

Something to say?