En novembro de 2006, a Consellería de Medio Ambiente e a Sociedade Galega de Educación Ambiental asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun proceso de diagnóstico e actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental, denominado Proxecto Fénix. Despois do correspondente traballo de campo, elaboráronse os primeiros informes diagnósticos dos sectores e axentes máis relevantes da Educación Ambiental no noso país. A este diagnóstico incorporaríanselle un conxunto de recomendacións e indicadores para cada sector, que posteriormente serían contrastados de xeito participativo. Toda a interesante información resultante do Proxecto Fénix, do que xa nos temos feito eco neste blog, pódese descargar agora desde a súa web.

Something to say?