Jorge Riechmann, profesor de Filosofía Moral na Universidade de Barcelona, autor, entre outros libros, de  Biomímesis”, escribe no artigo “Economía, insostenibilidad, ceguera voluntaria, futuralgia”: “se ollamos a realidade de fronte, probabelmente habería que dicir: a sorte está botada”. Con case todo o mundo hoxe rendido a unha práctica económica que só ten en conta o “valor engadido” e ignora o “valor sustraído”, probabelmente non seremos capaces de evitar o colapso,  non seremos quen de entrar de forma voluntaria e planificada nunha nova “era da limitación material”, definida por cinco adxectivos: “lixeiro, lento, perto, silencioso, solar”. “Só pode un facer pé na pequena repisa do probabelmente: esperarmos o inesperado, dicía o vello Heráclito, porque noutro caso, con seguridade, non o acharemos. Esperarmos o inesperado, desexalo, convocalo, non deixarmos de loitar por o materializar”.

Something to say?