Segundo unha nova publicada en Galicia Hoxe, “Vento en mans alleas“, o concurso eólico que vén de ser resolto pola Xunta non alterará o feito de a potencia eólica instalada en Galiza estar maioritariamente en mans de empresas foráneas. “Fronte á “galeguidade” das firmas beneficiadas defendida polo conselleiro Javier Guerra, o certo é que o 55% do total dos novos megawatts está en mans de empresas de capital non galego mentres que o 45% restante que, a priori, semellan ser de capital galego, agochan detrás un bo número de vinculacións empresariais que levan a súa orixe moi lonxe da comunidade”.

A economista Rosa María Regueiro, autora da tese de doutoramento Xénese e desenvolvemento do sector eólico en Galicia (1995-2010): marco institucional, aspectos económicos e efectos ambientais“,  apunta que “a maioría das firmas que explotan o noso vento son filiais ou están participadas por unha empresa matriz con sede en Madrid, Londres ou Nova York e que, a súa vez, están participadas por grandes compañías enerxéticas que dependen dun reducido número de grupos financeiros ou de investimentos”.

Something to say?