A versión dixital da revista  Tempos Novos,  Tempos Dixital, publicou unha entrevista co sociólogo e filósofo franco-brasileiro Michael Löwy, un dos promotores do Manifesto ecosocialista  máis coñecido, aínda que non máis interesante que outro menos coñecido e bastante anterior no tempo, editado no Estado español por Los Libros de la Catarata (“Manifiesto ecosocialista. Por una alternativa verde en Europa”, Madrid, 2.ª ed., 1993), do cal un dos autores foi un destacado militante da esquerda portuguesa, Carlos Antunes, e un dos apoiantes o presidente de Portugal durante a fase revolucionaria que seguiu ao 25 de abril, Costa Gomes.

Michael Löwy di na entrevista para Tempos Novos que a deterioración social e ecolóxica son as caras dunha mesma moeda. “Ambas son consecuencias dunha mesma corrente e que sería a dinámica central que o move todo e que non é outra cousa que a expansión do sistema capitalista mundial”.

Something to say?