O blog da Rede de Economía Ecolóxica en España faise eco dun artigo de Pedro Puche no que, recorrendo á metáfora da tarta, formula catro grandes escenarios e modelos macroeconómicos: o capitalista, o da esquerda keynesiana ou marxista, o do decrecemento nos países enriquecidos e o claramente antisistémico, é dicir, anticapitalista. Este último, ao que tamén denomina de decrecemento socialmente sustentábel, preséntao coma unha combinación do escenario terceiro e de parte do escenario segundo, “do que se rexeita a proposta de crecemento (entendido como aumento do PIB e, consecuentemente, do uso de materiais e enerxía que comporta a deterioración dos sistemas ecolóxicos)”.

Paco Puche é un dos autores dun libro que vén de saír do prelo, “Decrecimientos: Sobre lo que hay que cambiar en la vida cotidiana”, dirixido por Carlos Taibo.

puche4.jpg

Something to say?