“FLOW, por amor á auga”  é un impactante documental que nos introduce na cuestión da crise da auga e o negocio que representa, o “ouro azul”. Dirixido por Irena Salina, este filme xa foi catalogado como “a verdade incómoda” da auga, participou na selección oficial no Festival de Cinema de Sundance 2008 e gañou diferentes premios noutros certames. Co subtítulo Ou cómo un grupo de corporacions nos rouban a auga, o documental expón en toda a sua crueza feitos como a privatización dos recursos acuíferos en todo o mundo, mais especialmente en África e na India, que non deixa outra opción ás familias pobres que a de beberen e usaren a auga non potábel dos ríos; o grande negocio das empresas de auga embotellada, que secan os campos de Estados Unidos; ou a construción de encoros en África e China, que obriga á reubicación dos fogares de centos de miles de persoas.

Durante un período de cinco anos, a directora e o seu equipo viaxaron por todo o planeta entrevistando a especialistas: científicos, activistas e representantes gobernamentais e das empresas, e este documental de 87 minutos e dividido en dez fragmentos é o resultado. Acceso a FLOW, por amor á auga.

(Texto tirado da web de CIP-Ecosocial)

One Response to “Flow, por amor á auga”

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas vén de recoñecer o acceso á auga coma un dereito fundamental:
http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?article18187

Something to say?