“Claves del ecologismo social” é un libro útil para se achegar á interpretación da realidade e ás propostas do ecoloxismo social. Un libro colectivo con máis de 30 autores e autoras  -Jorge Riechmann, Carlos Taibo, Iñaki Bárcena, Marta Pascual, Yayo Herrero,….- no que se abordan cuestións como o decrecemento, as alteracións climáticas, a biodiversidade, a soberanía alimentar,…  “Claves del ecologismo social” é, despois de “Contrapublicidad”, a segunda referencia de Libros en Acción, o proxecto editorial de Ecologistas en Acción.

O ecoloxismo social pretende colaborar “no impulso dunha mudanza de modelo que permita axustar os procesos económicos humanos aos límites biofísicos, aos tempos de rexeneración e ás dinámicas dos ecosistemas, con criterios de equidade, de tal xeito que a redistribución e repartición igualitaria da riqueza ocupe un lugar central na política e a economía”.

Máis información

Something to say?