O xornal Público distribúe coa súa edición do sábado 31 de outubro o libro “Pacifismo, ecologismo y política alternativa”, de Manuel Sacristán, sobre quen publicamos na revista Cos Pés na Terra un artigo de Alexandre Cendón: “Manuel Sacristán Luzón: o camiño do marxismo ao ecoloxismo”. Un dos discípulos de Sacristán, Francisco Fernández Buey, en “El inmenso legado de un gran pensador”, escribe que o filósofo marxista deixounos unha  obra densa e sólida mais non moi extensa;”unha obra que parecerá exigua a todos aqueles que a comparen co que foi a súa actividade e a súa presenza na cultura española durante trinta anos”. “Pacifismo, ecologismo y política alternativa” é o quinto volume compilatorio de pequenos escritos, publicado en 1987, xa despois da súa morte. Reúne as súas derradeiras intervencións, moitas delas escritas para a revista mientras tanto, que contribuiu a fundar. Segundo Fernández Buey, neste libro “está a orixe do que despois se chamaría ecosocialismo e tamén doutras propostas sociopolíticas vencelladas aos movementos sociais novos”.

Something to say?