A Federación Ecoloxista Galega (FEG) editou unha publicación para divulgar a riqueza natural e cultural da serra do Suído, no sur da Dorsal Galega, a cadea montañosa que se estende desde Ortegal até o río Miño, dividindo de norte a sur do país. Unha serra tan descoñecida coma ameazada que debe ser considerada como un dos máis interesantes espazos de montaña de Galiza. O autor da publicación é Alexandre Cendón, coordenador da FEG e membro do consello de redacción de Cos Pés na Terra. A publicación pode descargarse gratuítamente desde a web da FEG

Something to say?