herve-kempf.jpgO escritor e xornalista francés Hervé Kempf, colaborador de “Le Monde”, autor de “Cómo los ricos destruyen el planeta”, di nunha entrevista ao xornal basco Gara que “a crise medioambiental necesita unha mudanza radical que o sistema económico actual non pode fomentar”. Unha clase dominante bloquea as reformas necesarias mediante a difusión polos medios de comunicación do modelo cultural do sobreconsumo.  

Sen redución do consumo material non remediaremos a crise ecolóxica global. Os países ricos non precisan máis consumo material, máis desenvolvemento material, vestido agora co “disfrace ecolóxico” do desenvolvemento sustentábel.  “Necesitan máis lazos sociais, máis educación, máis convivencia. O desenvolvemento material destrúe o planeta; é por iso que o concepto de desenvolvemento sustentábel non interesa”.

 

 

Something to say?