Desde o consello editorial do xornal Público, o economista ecolóxico José Manuel Naredo critica, en “Más cemento, que es la crisis”, que o Goberno central recorra a máis cemento para combater a crise económica, “acelerando” o insustentábel PEIT, “que se revela cada vez máis sobredimensionado e impropio da presente fase de declive”. E asocia este proceder ao enorme poder dos intereses do sector da construción, á connivencia descarada entre as grandes empresas deste sector e os dous principais partidos. Naredo conclúe así o seu comentario: “Polo que se ve, as sementes razoábeis de pensamento seguen caendo en solo de cemento, aínda que a crise pida a berros evitar o desbaldimento e priorizar e consensuar mellor o gasto público”. A crise como excusa para máis doses de cemento, como titulaba hai unhas semanas o periódico Diagonal.

José Manuel Naredo é un dos grandes intelectuais de referencia do ecoloxismo. De seguro que o seu último libro, que vén de saír do prelo, ha ser unha leitura de grande interese para todas as persoas que loitamos pola sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. “Luces en el laberinto  divídese en dúas partes. A primeira é unha autobiografía intelectual. A segunda é froito dunha entrevista realizada ao autor por Óscar Carpintero e Jorge Riechmann e sobre as alternativas á crise actual.

2 Responses to “Máis cemento, que é a crise”

A ligazón ao artigo de Naredo en Público é: http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/167/mas-cemento-que-es-la-crisis/

Grazas pola corrección!

Something to say?