decrecimento1.jpgCarlos Taibo, profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid, autor de  En defensa del decrecimiento. Sobre capitalismo, crisis y barbarie”, formula e dá resposta, desde a web de Altermundo, a dez preguntas sobre o decrecemento. Nos países enriquecidos –en Galiza tamén- vivimos por riba das posibilidades ecolóxicas do planeta, polo que cómpre reducirmos os niveis de produción e consumo e reorganizarmos as nosas sociedade, aplicando os oito “re” propostos por Serge Latouche: reavaliar (revisar os valores), reconceptualizar, reestruturar (adaptar producións e relacións sociais á mudanza de valores), relocalizar, redistribuír (repartir a riqueza e o acceso ao patrimonio natural), reducir (rebaixar o impacto da produción e o consumo), reutilizar (en vez de desprenderse dunha chea de dispositivos) e reciclar.

Something to say?