María Xosé Vázquez Rodríguez, profesora de Economía da Universidade de Vigo e membro do consello de redacción de Cos Pés na Terra, reflexiona sobre a relación entre crise e medio ambiente nun artigo publicado no número 57 da revista Cerna (que a partir de agora se pode descargar gratuítamente en formato PDF). A crise económica está a provocar unha diminución xeral do consumo, o que frea o crecemento da demanda enerxética e alivia as presións sobre o medio ambiente.  Mais a crise tamén pode ser unha excusa para a  desregulación ambiental e reducir os investimentos en tecnoloxías limpas.

Desde a economía ambiental, María Xosé Vázquez suliña que as apostas políticas en contextos de crise son fundamentais para o futuro do medio ambiente e da economía. A reflexión sobre o modelo económico que acompaña a crise “debería permitir superar a visión curta e restrinxida do crecemento económico como obxectivo e adoptar a máis ampla e duradeira baseada no desenvolvemento sustentábel”.

Something to say?