Xares, o río que nos leva” é un documental de Pedro Prada  no que son protagonistas os veciños e veciñas de Alberguería (A Veiga-Ourense), poboación que desapareceu en 1958 baixo as augas do encoro hidroeléctrico de Prada, no río Xares (subafluente do Sil). Unha historia de despoxo, de emigración, de destrución ambiental, que se reproduciu en moitos lugares do país despois da Guerra Civil. Entre os anos 1941 e 1962 a capacidade galega de produción eléctrica multiplicouse por trinta e oito grazas á construción de encoros como o de Prada. Soportando enormes custos sociais e ambientais, Galiza contribuiu así á industrialización do resto do Estado español (en 1962, exportábase o 75% da electricidade xerada).

Something to say?