A armada española, xunto coas doutros estados, volve navegar os mares para combater piratas, perigosos piratas africanos que secuestran tripulacións e dificultan o abastecemento de mercadorías e de peixe á consumista Europa.  Poucas veces se relaciona a extensión dos ataques piratas en Somalia coa actividade de buques pesqueiros estranxeiros, cuxa protección é un dos obxectivos da  presenza militar europea na zona. Con todo, sempre é posíbel achar algunhas referencias interesantes na prensa máis lida. Isaac Rosa, na súa columna do xornal “Público” da terza feira pasada (“No son piratas, son mutantes”), revélanos que o seu amigo Xosé Cendón –fotoxornalista galego secuestrado en Somalia meses atrás-  contoulle que “os primeiros piratas eran gardacostas espontáneos que se lanzaron ao mar fartos da facilidade con que os pesqueiros esquilmaban a súa rica costa atuneira e de quen se desfacían de residuos contaminantes nas súas praias”.

Moisés Naím, editor da revista Foreign Policy  e columnista de “El Pais”, refírese á transformación de pescadores en piratas no artigo “Lecciones de piratas”. “En Somalia a falta de Goberno permitiu a abusiva explotación  do seu mar por frotas pesqueiras estranxeiras armadas con modernas tecnoloxías de pesca de arrastre. Inevitabelmente, isto levou aos mariñeiros somalíes a perderen a súa fonte de sustento. Os mariñeiros reaccionaron e aliáronse coas milicias locais  para atacaren en alta mar os barcos pesqueiros estranxeiros coa finalidade de afastalos. Axiña descobriron o fácil que era abordalos. De alí a atacar superpetroleiros houbo só un paso. A degradación ambiental será a fonte de moitos dos conflitos por vir”.

One Response to “Somalia, de mariñeiros a piratas”

David Llistar, do Observatorio da Débeda na Globalización, chama aos pesqueiros europeos de corsarios, que é como se chama aos piratas que contan co apoio dos seus gobernos. En “Corsarios europeos y piratas somalíes”:http://www.odg.cat/es/inicio/comunicacio/5_deute.php?id_pagina=5&id_butlleti=72&id_deutes=255

Something to say?