“Face á aguda crise ecolóxica, até que punto estamos presenciando, coa ecoloxía política, o nacemento dunha nova ideoloxía? A esta pregunta tenta contestar este caderno a través da análise da xénese, teoría e praxe da ideoloxía verde, entendida como un sistema de pensamento político global. Após situar as súas raíces e mitos fundacionais na década dos anos sesenta, pon no seu contexto histórico unha visión do mundo que deu a luz, entre outras organizacións, aos partidos verdes, e que xira principalmente en torno á dialéctica produtivista/antiprodutivista. Segundo o autor, este eixo —ao ser converter en central e estruturante— implica reconsiderar o panorama sociopolítico herdado da división binaria esquerda/dereita. Deste xeito, se o medio ambiente pasa a ser un dos factores máis determinantes das loitas e conflitos sociais actuais e futuros, a ecoloxía política adquire autonomía como modelo ideolóxico e político e podería converterse nun novo referente dos movementos transformadores”.

Así se resume na web de Bakeaz o último número de Cadernos Bakeaz, “Ecología política: génesis, teoría y praxis de la ideología verde”, cuxo texto completo se pode descargar gratuítamente. O autor é o activista e investigador Florent Marcellesi, membro do comité de redacción da revista fracesa de ecoloxía política EcoRev’.

Something to say?